Dragan Džajić (en serbio cirílico: Драган Џајић), nado o 30 de maio de 1946 en Ub, Iugoslavia, é un exfutbolista internacional iugoslavo, de orixe serbio. Xogaba na posición de extremo esquerdo e está considerado como un dos mellores futbolistas iugoslavos da historia. A súa carreira transcorreu entre 1961 e 1978, e de xeito case íntegro no Estrela Vermella de Belgrado.

Traxectoria Džajić naceu nunha pequena vila chamada Ub o 30 de maio de 1946, preto da cidade de Belgrado. Desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no Estrela Vermella de Belgrado, salvo dous anos, entre 1975 e 1977 que xogou no Bastia, en Francia. Co Estrela Vermella anotou 155 goles e conquistou cinco veces a Primeira Liga, entre outros títulos. Co Bastia anotou 31 goles na liga francesa.

Internacionalmente debuta o 17 de xuño de 1964 coa selección de Iugoslavia, nun encontro contra Romanía. En total disputou un total de 85 encontros internacionais, anotando 23 goles. Despois do seu retiro chegou a ser adestrador e presidente do Estrela Vermella, posto ó que renunciou en 2004 por motivos de saúde.

Džajić considérase coma un dos mellores extremos da historia, reunindo tódalas cualidades requiridas a un xogador nesa posición, destacando polo seu caneo, velocidade, bo disparo a porta e por riba de todo, polos seus abraiantes centros. Non menos abraiante era a súa habilidade a balón parado, sendo un auténtico mestre nos lanzamentos de falta e nos lanzamentos de córner directo.

Véxase tamén Ligazóns externas UEFA.com - Serbia and Montenegro's Golden Player Serbian National Team Profile

Categoría:Futbolistas de Serbia Categoría:Futbolistas olímpicos de Iugoslavia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do SC Bastia Categoría:Nados en Ub Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Iugoslavia Categoría:Xogadores do Estrela Vermella de Belgrado Categoría:Nados en 1946 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1964