O sentimento anti-ucraíno ou ucrainofobia é o odio aos ucraínos, á cultura ucraína, á lingua ucraína ou á Ucraína como unha nación. Está moi presente en Polonia e na antiga Unión Soviética, sobre todo en Rusia e nalgunhas partes do leste de Ucraína, na fronteira con Rusia, moi habitada por rusos. O seu contrario é ucrainofilia.
Os estudos modernos establecen dous tipos de sentimento anti-ucraíno: un baseado na discriminación dos ucraínos en base á súa orixe étnica e cultural (similar a outras manifestacións de xenofobia e racismo), e outra baseada no rexeitamento conceptual dos ucraínos, a cultura ucraína e a linguaxe ucraína como artificial e contranatural. No século XX, varios autores apoiaron unha afirmación de que a identidade e a lingua ucraína fora creada artificialmente ao fin de debilitar a Rusia. Este argumento foi promulgado por varios autores conservadores rusos. Non obstante, é un argumento totalmente falso, dado que a lingua ucraína, ao igual que a lingua bielorrusa, proceden da lingua rutena.
Ucrainofobia por país
Ucraína 250px|miniatura|dereita|Debuxo de Vidsich sobre a situación lingüística en Ucraína. Nel móstrase un xigantesco home ruso e unha nena coas cores nacionais nun transporte público. O home, que simboliza a lingua rusa, dille á moza, que á súa vez simboliza a lingua ucraína: «Rapaza, móvete! Estasme esmagando!». O domingo 15 de xullo de 2012, a emisora de televisión nacional en Ucraína, Pershyi Natsionalnyi (Перший національний), no seu programa de noticias "Resumo da semana" (Підсумки тижня) mostrou imaxes de vídeo do desenvolvemento dos sentimentos anti-ucraínos en Ucraína.
Caso Bilozir O 8 de maio de 2000, Ihor Bilozir, compositor e artista ucraíno foi asasinado en Lviv. Foi golpeado ata a morte preto da oficina do Fiscal do Estado rexional (no antigo edificio do Partido Comunista de Lviv). Un policía, que estaba facendo a patrulla, non interveu porque un dos atacantes era fillo do Xefe adxunto da Militsiya (servizo de policía desde a época soviética) de Lviv. Os atacantes, presos nun primeiro momento, foron liberados. Pero finalmente foi emitido un mandato de busca e captura no 22 de maio, cando un dos agresores fuxiu. O 6 de xaneiro de 2001 atopouse ao fuxitivo en Crimea. En decembro de 2000, na memoria de Ihor Bilozir, na cidade de Ivano-Frankivsk, renomeouse a rúa R. Zorge co seu nome. Os seus dous atacantes foron encarcerados por un delito de asasinato por ucrainofobia, dado que eles mesmos, no xuízo, confesaron darlle a malleira por terlle oído falar en ucraíno.
Outros casos O 17 de abril de 2009, Maksym Chaika, unha estudante de 20 anos da Universidade Nacional de Odesa, foi asasinada en Odesa. Chaika era un membro de Sich, un movemento da mocidade patriótica de Ucraína. Algúns observadores din que Chaika criticara abertamente ás actividades pro-rusas de Markov, ao seu partido (Rodina) e á televisión local (ATB), que simpatizaban con Markov. O 25 de maio de 2013, un residente de Kíiv foi golpeado simplemente por falar na lingua ucraína.
Rusia Nunha investigación realizada polo Centro Levada, en xuño de 2009 en Rusia o 75% dos entrevistados rusos respectaba aos ucraínos como grupo étnico, pero o 55% foron negativos sobre o Estado ucraíno. En maio de 2009, un 96% dos ucraínos entrevistados polo Instituto Internacional de Socioloxía de Kíiv foron positivos sobre os rusos como grupo étnico, e o 93% respectaba a Federación Rusa como estado.
Algúns medios de comunicación rusos parecen intentar desacreditar á Ucraína. Medios como Komsomolskaya Pravda parecen intentar fomentar a mala relación entre Ucraína e Rusia. Hai algúns filmes rusos con insultos ucrainofóbicos, pero sen ningunha crítica ao seu goberno. A actitude ucrainofóbica persiste entre algúns políticos rusos, como o exalcalde de Moscova, Yuri Luzhkov, e o líder do Partido Liberal Democrático de Rusia e Vicepresidente do Parlamento ruso, Vladímir Zhirinovski.
Filmes con mensaxe ucrainofóbico Irmán 2 (Брат 2) 72 metros (72 метра)
Canadá A discriminación anti-ucraína era endémica no Canadá desde a chegada dos ucraínos ao Canadá ao redor de 1891 ata o final do século XX. Durante a primeira guerra mundial, uns oito mil ucraínos-canadenses foron internados polo goberno canadense como "estranxeiros inimigos", como procedentes dun territorio integrado no Imperio Austríaco.
Estados Unidos Segundo o historiador ucraíno-americano, Petro Mirchuk, existía unha forte ucrainofobia entre os membros do pobo xudeu nos Estados Unidos durante a década de 1990, así como entre algúns rusos-estadounidenses. Referiuse a xuízos contra os ucraínos que foron acusados de crimes de guerra contra xudeus polos procuradores da Oficina de Investigacións Especiais, comparándoos coa caza de bruxas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Racismo Opresión
Categoría:Historia de Ucraína Categoría:Sentimento antinacional Categoría:Fobias Categoría:Discriminación Categoría:Xenofobia