miniatura|Zelt-Musik-Festival 2015 Freiburg, Alemaña Tom Peter Odell, nado o 24 de novembro de 1990, é un cantautor británico. Lanzou o seu primeiro EP, Songs from Another Love, en 2012 e gañou o premio da Elección dos Críticos dos BRIT Awards a comezos de 2013. O seu primeiro álbum de estudio , Long Way Down, está dispoñíbel desde o 24 de xuño de 2013.
Nenez Odell naceu en Chichester, West Sussex, fillo dun piloto e unha mestra de escola.http://www.dailymail.co.uk/home/moslive/article-2279338/Tom-Odell-Women-rock-stars--I-want-like-Adele-The-Brit-Award-winner-poised-superstardom.html Ten unha irmá máis vella. Pasou parte da súa nenez en Nova Zelandia por causa do traballo de seu pai. Estudou no colexio de pago Seaford College, onde coñeceu ao seu amigo e colaborador Ian Miller. Estudou piano clásico até sexto de primaria. Comezou a escribir as súas propias cancións á idade de trece anos, aínda que non llo dixo a ninguén porque cría que non estaba en voga.http://www.thesun.co.uk/sol/homepage/showbiz/sftw/4673489/Tom-Odell-on-songwriting-since-age-of-13.html
Con dezaoito anos, Odell decidiu non estudar na University of York e tentou gañar unha praza nun conservatorio de Liverpool.http://www.guardian.co.uk/music/2013/mar/24/tom-odell-broken-hearts-songs Ao non conseguir o seu propósito, mudouse a Brighton para gañar experiencia no mundo da música ao vivo. Actuaba a diario nas noites de micro aberto: «Era moi humillante: arrastrar un teclado, presentarse para descubrir que non estaba no programa, pandas de rapaces que me collían o micro e rían ... aprendín a actuar e tamén que cancións funcionan.» http://www.thesun.co.uk/sol/homepage/showbiz/bizarre/4744775/Tom-Odell-talks-to-The-Sun.html Despois dun ano e tras ser despido do seu traballo como barista, volveu para Chichester. Grazas ao coche de súa avoa puido viaxar con frecuencia a Londres para actuar e pór anuncios nas escolas de música.http://www.youtube.com/watch?v=DfhxHfzMqfs He Posteriormente, mudouse a Londres para tocar na banda Tom and the Tides. Porén, decidiu que prefería actuar en solitario porque «non quería ter de confiar na xente».
Carreira musical Odell firmou coa discográfica In the Name Of, un selo de Columbia Records. Foi descuberto pola xefa do selo Lily Allen, que remarcou que «a súa enerxía no escenario lle lembraba a David Bowie».http://uk.omg.yahoo.com/news/lily-allen-gushes-brits-critics-choice-winner-tom-153155372.html Déronlle un adianto do álbum: "Merquei un Mini Cooper vello en metálico. Tres semanas máis tarde, cando regresaba dun concerto en Escocia, o coche xa non estaba. Se vedes un Mini Cooper clásico verde de carreiras, é de meu». Lanzou o seu primeiro EP, Songs from Another Love, en outubro de 2012. A súa primeira aparición televisiva foi en novembro de 2012 como artista no programa Later... with Jools Holland; o director do programa Alison Howe describiuno como «un debut clásico de Later». Odell entrou na listaxe dos quince nomeados para a sondaxe Sound of 2013 da BBC en xaneiro de 2013. Ese mesmo mes, o seu sinxelo «Another Love» foi empregado pola BBC para promover o seu programa de 2013. A súa música ten sido usada en numerosas pasarelas de moda de Burberry.http://www.digitalspy.ie/music/news/a460189/tom-odell-performs-at-burberrys-london-fashion-week-show-video.html Odell gañou o premio da crítica dos BRITs, que previamente xa fora gañado por artistas como Adele e Florence and The Machine, e tamén foi entrevistado xunto á anterio gañadora Emeli Sande durante a cerimonia en febreiro de 2013. O seu primeiro álbum, Long Way Down, foi lanzado o 24 de xuño de 2013. Será o abreconcertos de The Rolling Stones no festival londiniense Hyde Park o 13 de xullo de 2013.http://www.bbc.co.uk/newsbeat/22275623
Influencias Odell «creceu escoitando a Elton John. Un dos primeiros álbums que escoitei foi Goodbye Yellow Brick Road (1973). Tamén nomea a David Bowie, Jeff Buckley, Bob Dylan, Arthur Russell, Leonard Cohen, Leon Russell, Billy Joel, Randy Newman, Tom Waits, Sixto Rodriguez e Bruce Springsteen como as súas influencias. É fan de Arcade Fire, James Blake, Cat Power, Blur, Beach House, Radioheade Ben Folds.http://www.femalefirst.co.uk/music/interviews/tom-odell-interview-288498.html
Odell comentou que as súas letras están inspiradas pola súa «incapacidade de permanecer nunha relación con alguén máis de seis mesesd ... Considero que escribo mellores letras cando son honesto e tratan sobre cousas que me aconteceron. Podo semellar un pouco raro cando os amigos ou as mozas descobren que a canción trata sobre eles. Porén, é impresionante da que te podes librar Creo que a chaman licenza poética»
Discografía Álbums de estudio Título Detalles do álbum Posición máis alta nas listaxes Reino Unido IrlandaPeak positions in Ireland: For "Another Love": For Long Way Down: Long Way Down Lanzamento: 24 de xuño de 2013 Selo: Columbia Formato: CD, descarga dixital — 5Wrong Crowd Lanzamento: 2016Jubilee Road Lanzamento: 2018Monsters Lanzamento: 2021Best Day of My Life Lanzamento: 2022Black Friday Lanzamento: 2024A Wonderful Life Lanzamento: 2025
EP Título Detalles do álbum Songs from Another Love Lanzamento: 15 de outubro de 2012 Selo: Columbia, In the Name Of Formato: Descarga dixital, Vinilo
Sinxelos Ano Sinxelo Posición máis alta nas listaxes Certificados Álbum Reino Unido Bélxica (Vl) Bélxica (Wa) Alemaña Irlanda Países Baixos Suíza 2013 "Can't Pretend" 67 — — — — — — Long Way Down "Hold Me" 44 — — — — — — "Another Love" 10 1 18 30 29 6 35 BEA: Gold "—" denota aqueles sinxelos que non chegaron ás listaxes ou non foron lanzados.
Notas
Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Sussex Occidental