Fleetwood Mac é unha banda de blues e rock inglesa procedente de Londres e creada en 1967. O grupo sufriu constantes cambios na súa formación, e o único membro orixinal que queda é o batería Mick Fleetwood. Creada a finais dos anos 60, cambiou o seu estilo dun blues tradicional a rock e finalmente a un pop suave e elegante. Os seus períodos de máis éxito foron nos seus inicios, cando entre a formación figuraba Peter Green, e nos últimos anos da década dos setenta, cando a voz de Stevie Nicks e as cancións de Lindsey Buckingham foron moi populares.
Discografía Peter Green's Fleetwood Mac - 1968 (Blue Horizon) Mr. Wonderful - 1968 (Blue Horizon) Then Play On - 1969 (Reprise Records) Kiln House - 1970 (Reprise Records) Future Games - 1971 (Reprise Records) Bare Trees - 1972 (Reprise Records) Penguin - 1973 (Reprise Records) Mystery to Me - 1973 (Reprise Records) Heroes Are Hard to Find - 1974 (Reprise Records) Fleetwood Mac - 1975 (Reprise Records) Rumours - 1977 (Warner Bros.) Tusk - 1979 (Warner Bros.) Mirage - 1982 (Warner Bros.) Tango in the Night - 1987 (Warner Bros.) Behind the Mask - 1990 (Reprise Records) Time - 1995 (Reprise Records) Say You Will - 2003 (Reprise Records)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de blues Categoría:Grupos musicais de blues rock Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais de Londres