Aore é unha illa na provincia de Sanma, Vanuatu. Atópase fronte a Luganville na Illa Espírito Santo e ten unha área de 58 km².
En Aore practicase o mergullo e a pesca. Hai numerosos centros turísticos, e de catering para turistas, vodas e bautizos. Aore é un paraíso para os mergulladores, está ó lado de naufraxios de primeira clase mundial e de dos arrecifes. Os naufraxios inclúen o SS President Coolidge, SS Tucker, e o MV Henry Bonneaud. Xa sexa de fondo ou de arrastre ao longo da costa virxe, os pescadores desde o principiante ata o máis experimentado gozan de excelente pesca durante todo o ano en Aore e nas cristalinas augas azuis de Espiritu Santo e as súas illas veciñas.
O turismo e plantacións son a base principal de emprego e de ingresos económicos de Aore.
Grandes colonias de morcegos ocupan moitas covas da illa.
Notas
Categoría:Illas de Vanuatu