A queiroga de Irlanda ou carroucha de IrlandaNomes vulgares galegos preferidos en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004 (Erica erigena) é unha especie de uz (plantas de flor da familia Ericaceae, nativas dos cantís e uceiras da Europa atlántica (Irlanda, suroeste de Francia, Galiza, Cornixa Cantábrica, Portugal e Tánxer). É un arbusto perenne que acada os 75 cm coa follaxe algo feble e flores dunha cor rosa intensa e recendo a mel no inverno e na primavera. Aparece no oeste de Irlanda, separada das poboacións galegas ou mediterráneas, polo que poderíase tratar dunha poboación asilvestrada a partir de xardíns.
Cultívase tamén coma planta ornamental coma cobertora con outras uces e coníferas ananas. Como as demais uces é calcífuga, preferindo terreos asollados e con solos acedos ben drenados. Desenvolvéronse numerosos cultivares para xardinaxe. Os seguintes gañaron o premio de mérito da Royal Horticultural Society inglesa: E. erigena 'Irish Dusk' E. erigena f. alba 'W.T. Rackliff' (white-flowered)
Notas
Véxase tamén Carrasco (planta)
Categoría:Erica Categoría:Flora de Galicia