A pica costeira (Anthus petrosus) é un paxaro paseriforme da familia dos motacílidos. Reprodúcese nas costas rochosas de Europa Occidental. Abonda principalmente en Irlanda, Reino Unido e Francia. As poboacións escandinavas e rusas migran cara ó sur no inverno.

Características Non acostuma alonxarse das zonas rochosas nas que reside e a maioría dos seus voos son de curta distanciaBijlsma (1977), Alström & Mild (1996). Como o resto das aves da familia dos motacílidos, aliméntase de insectos e busca as súas presas dende o chan.

Subespecies Distínguense catro subespecies de Anthus petrosus: Anthus petrosus petrosus Anthus petrosus kleinschmidti Anthus petrosus meinertzhageni Anthus petrosus littoralis

A A. p. littoralis é a propia de Escandinavia e do Mar Báltico, mentres que o resto son nativas do occidente europeo.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Motacílidos Categoría:Animais descritos en 1798 Categoría:Aves de Eurasia