Pokémon Trading Card Game, estreado orixinalmente no Xapón como é un videoxogo que é unha adaptación do xogo de cartas coleccionables do mesmo nome, que á súa vez está baseado na serie de videoxogos de Pokémon. Desenvolvido por Hudson Soft e publicado por Nintendo, lanzouse no mercado nipón en decembro de 1998. A versión en inglés apareceu en Norte América en abril de 2000 e en Europa o decembro seguinte.
Un segundo xogo para Game Boy Color, , foi estreado no Xapón en marzo de 2001. O xogo non foi estreado nin en Norte América nin en Europa. Un engadido da secuela é a posibilidade de escoller o xénero da personaxe do xogador.
Acollida
Pokémon Trading Card Game vendeu 607 193 copias no Xapón a finais de 1999, converténdose no vixésimo xogo de consola máis mercado ese ano na rexión.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Videoxogos de Pokémon Categoría:Videoxogos de 1998 Categoría:Videoxogos de Game Boy Color Categoría:Videoxogos de Virtual Console para Nintendo 3DS