Os pedunculados (Pedunculata), constitúen unha orde de crustáceos da clase dos maxilópodos, subclase dos cirrípedes.

Son animais mariños filtradores que viven fixos a superficies duras como rochas na zona intermareal ou a obxectos flotantes (madeiras, barcos, boias, botellas etc.) e que son coñecidos como percebes en sentido amplo.

Bioloxía

Algunhas especies destes percebes son peláxicas e se encontran con frecuencia en madeiras ou outros obxectos flotantes. As especies intermareais dependen máis do movemento da auga que dos movementos dos seus cirros para alimentarse, polo que se encontran fundamentalmente en costas expostas (caso dos percebes propiamente ditos, e dos arneiros).

Mitoloxía

miniatura|A "árbore dos ánades" de John Gerard (1597), mostrando a crenza de que os gansos se orixinaban dos percebes. Antes do coñecemento preciso da migración das aves, pensábase que as barnaclas ou gansos de cara brancos (Branta leucopsis), se desenvolvían a partir destes crustáceos. De aí proceden os nomes ingleses de goose barnacle e barnacle goose, e o nome científico Lepas anatifera (do latín anas, "pato", e o elemento -fera, "a que leva", derivada do verbo ferre, levar).

A confusión estaba causada polas (supostas) similitudes en cor e forma, e como, con frecuencia, os percebes encóntranse fixos á madeira flotante, asumíase que esta madeira procedía de supostas árbores que caía á auga.

O monxe galés Giraldus Cambrensis realizou esta afirmación na súa Topographia Hiberniae.Beatrice White (1945): "Whale-hunting, the barnacle goose, and the date of the Ancrene Riwle". Three notes on Old and Middle English. The Modern Language Review 40 (3) pp. 205–207 Ver en liña miniatura|300px|Lepas anatifera.

Taxonomía

A orde divide nas seguintes subordes e familias:Joel W. Martin & George E. Davis (2001):An Updated Classification of the Recent Crustacea. Natural History Museum of Los Angeles County, 132 pp. (PDF)

Heteralepadomorpha Newman, 1987 Anelasmatidae Gruvel, 1905 Heteralepadidae Nilsson-Cantell, 1921 Koleolepadidae Hiro, 1933 Malacolepadidae Hiro, 1937 Microlepadidae Zevina, 1980 Rhizolepadidae Zevina, 1980 Iblomorpha Newman, 1987 Iblidae Leach, 1825 Lepadomorpha Pilsbry, 1916 Lepadidae Darwin, 1852 Oxynaspididae Gruvel, 1905 Poecilasmatidae Annandale, 1909 Scalpellomorpha Newman, 1987 Calanticidae Zevina, 1978 Lithotryidae Gruvel, 1905 Pollicipedidae Leach, 1817 Scalpellidae Pilsbry, 1907

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Brusca, R.C. e Brusca, G. J. (1990): Invertebrates. Sinauer Associates: Sunderland, MA (USA). ISBN 0-87893-098-1.

Outros artigos Cirrípedes

Ligazóns externas

Maxillopoda en WoRMS Maxillopoda en ITIS

Categoría:Crustáceos