Manuel Almunia Rivero, nado en Pamplona o 19 de maio de 1977, é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de gardameta.
Traxectoria
Formouse no CD Oberena da cidade navarra, que esta vinculado coma filial co Osasuna. Na tempada 1998/99 pasa a ser o porteiro titular do Osasuna Promesas. Ao ano seguinte pasa a ter contrato co primeiro equipo pero sairía cedido, primeiro ao Cartagena FC e ao CE Sabadell FC ao ano seguinte.
Tras o seu bo papel no Sabadell ficha polo Celta de Vigo no verán de 2001 ao rematar o seu contrato co Osasuna. Porén nunca chegaría a debutar co equipo vigués xa que foi cedido durante os tres anos que militou no equipo. Primeiro ao SD Eibar de Segunda División, onde gaña o Trofeo Zamora da categoría, e despois ao Recreativo de Huelva e Albacete Balompié de Primeira. Neste último equipo desbancaría da titularidade a todo un mito como o arxentino Roa.
Esta traxectoria ascendente fixo que no verán de 2004 volvese a Vigo pero só para asinar o seu traspaso ao Arsenal F.C. Inglés por un prezo de 6 millóns de euros.
Na Premier League No equipo dirixido por Arsène Wenger comezou como segundo porteiro, por detrás do alemán Jens Lehmann, disputando so os encontros da Copa da Liga e a FA Cup. O ano seguinte seguiu nas mesmas condicións pero chegou a disputar parte da final da Copa de Europa ao ser expulsado Lehmann ante o FC Barcelona, Almunia acabaría encaixando os dous goles que lle darían a vitoria ao equipo catalán.
Na tempada 2007/08 finalmente faise coa titularidade no campionato ligueiro, abríndose o debate incluso da conveniencia de que fose convocado coa Selección de fútbol de Inglaterra tras a súa nacionalizaciónhttp://www.marca.com/2009/05/01/futbol/futbol_internacional/premier_league/1241191339.html. Defendeu a portería gunner coma titular indiscutíbel ata 2010 cando comezou a perder peso a causa do bo momento do gardameta polaco Wojciech Szczęsny.
O 30 de setembro de 2011 foi cedido ao West Ham United durante dous meses a causa da lesión do porteiro titular do equipo. Tras a súa volta ao Arsenal en outubro dese mesmo ano non volvería disputar ningún encontro co equipo de Arsène Wenger, e rescindiría o seu contrato ao rematar a tempadahttp://www.goal.com/es/news/21/fichajes/2012/05/23/3121559/el-arsenal-libera-el-contrato-de-almunia.
Tras quedar libre fichou polo Watford F.C. no verán de 2012, onde renovou contrato ata 2014http://www.marca.com/2013/07/06/futbol/futbol_internacional/espanoles_mundo/1373128794.html.
Notas
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores do West Ham United FC Categoría:Xogadores do Watford FC Categoría:Xogadores do Albacete Balompié