Oier Sanjurjo Maté, nado en Lizarra o 25 de maio de 1986, é un futbolista navarro. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o Osasuna.

Traxectoria Formouse no Osasuna Promesas, filial do equipo navarro, coma lateral dereito. Na tempada 2008/09 debutou co primeiro equipo pero nunca chegou a ter moita continuidade a causa das lesións polo que no verán de 2011 é cedido ao Celta de Vigo, que tiña o obxectivo de ascender a Primeira División Española.

No Celta o técnico Paco Herrera converteuno en defensa central cun moi bo resultado, sendo un dos piares do ascenso do equipo á máxima categoría, o que posibilitou que volvese a Pamplona como titular no CA Osasuna na tempada seguinte, doutra volta no lateral dereito.

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Lizarra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Celta de Vigo