Turner & Hooch é un filme estadounidense dirixido por Roger Spottiswoode que se estreou en 1989. Está protagonizado por Tom Hanks e o can Beasley, que interpretan a Turner e Hooch respectivamente. O filme estaba orixinalmente concibido para ser dirixido por Henry Winkler, pero renunciou debido a "diferenzas creativas".
Malia que Superaxente K-9 (con James Belushi) foi estreado antes que este filme (exactamente tres meses antes), e ámbalas dúas tiñan un argumento moi semellante, Turner & Hooch foi máis popular e eclipsou a Superaxente K-9.
Sinopse Scott Turner é un meticuloso detective que está investigando o caso de asasinato dun coñecido seu, e cuxo can decide adoptar. O can, á parte de esnaquizarlle a casa, convértese no seu mellor axudante para resolver o caso.
Personaxes Tom Hanks como Det. Scott Turner Beasley como Hooch Mare Winningham como Dr. Emily Carson Craig T. Nelson como Xefe Howard Hyde Reginald VelJohnson como Det. David Sutton Scott Paulin como Zack Gregory J. C. Quinn como Walter Boyett John McIntire como Amos Reed David Knell como Ernie Ebbe Roe Smith como Harley McCabe Kevin Scannell como Jeff Foster Joel Bailey como Ferraday Mary McCusker como Katie Ernie Lively como Empregado do Motel Clyde Kusatsu como Kevin Williams Elaine Renee Bush como Empregado da tenda Eda Reiss Merin como Mrs. Remington
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Roger Spottiswoode Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes sobre cans Categoría:Filmes sobre asasinatos