Santalla de Ozcos (en español e oficialmente Santa Eulalia de Oscos, segundo a norma da Academia de la Llingua Asturiana Santalla d'Ozcos) é un concello de Asturias. Limita ao norte con Vilanova de Ozcos, ao oeste coa Fonsagrada e ao leste con San Martín de Ozcos e Grandas de Salime. O concello cobre unha superficie de 47 km² e contaba cun total 564 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 12 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Demografía

Parroquias Santalla de Ozcos comprende unha única parroquia cos seguintes lugares. Os Amieiros (casería): 3 habitantes A Ancadeira Barcia (aldea): 16 habitantes As Barreiras (aldea): 5 habitantes Biduedo A Braña Vella (aldea): 8 habitantes Busqueimado (aldea): 9 habitantes Caraduxe (casería): 6 habitantes A Casía El Castro A Cruz Ferreira (aldea): 8 habitantes Ferreirela (aldea): 8 habitantes A Ferraría (casería): 6 habitantes Liñeiras (aldea): 14 habitantes El Mazo Novo (aldea): 4 habitantes El Mazo de Caraduxe Millarado (aldea): 21 habitantes Millarado de Baxo Murias (aldea): 15 habitantes Nonide (aldea): 19 habitantes Parada (aldea): 7 habitantes Peizais (aldea): 2 habitantes El Pereiro A Perulleira (aldea): 3 habitantes As Poceiras Pousadoiro (aldea): 22 habitantes El Pouso A Ponte (casería): 6 habitantes Pumares (aldea): 17 habitantes Quintá (aldea): 10 habitantes Quintela (aldea): 27 habitantes A Rúa San Xulián (aldea): 3 habitantes Sanguñedo (casería): 2 habitantes Santalla (vila): 159 habitantes Sarceda (aldea): 17 habitantes Souto (aldea): 5 habitantes Soutón (aldea): 1 habitante El Sualleiro (aldea): 2 habitantes As Talladas (casería): 1 habitante Teixeira (aldea): 39 habitantes A Trapa (aldea): 8 habitantes Tresvaedo (lugar): 3 habitantes A Vaga das Cancelas (lugar): 1 habitante A Valía (casería): deshabitada A Veiga del Carro (aldea): 12 habitantes Ventoso (aldea): 29 habitantes Vilamartín (aldea): 10 habitantes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web do concello

Categoría:Concellos galegofalantes de Asturias Categoría:Concellos de Asturias