Manuel María González López Pardo, nado en Lugo en 1892 e finado na Coruña o 13 de xullo de 1975, foi un avogado e político galego.

Traxectoria miniatura|300px|Visita á campa de Vicente Viqueira en Ouces (Bergondo), en 1930. Co gallo da homenaxe a Manuel Lugrís. De esquerda a dereita, Víctor Casas, Carlos Monasterio, Benito Ferreiro Pardo, Lugrís, familiar de Bernardino Varela, Emilio González, Salvador Mosteiro, asistente descoñecido, Bernardino Varela e Manuel María González. Mestre e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Participou en 1919 na II Asemblea Nacionalista, solicitando que se engadise ao programa das Irmandades a neutralidade relixiosa. Foi redactor de Voz del Pueblo e directivo do Centro Republicano compostelán do que chegou a ser presidente en 1922. Nese mesmo ano foi elixido concelleiro en Compostela. Colaborou en La Campana. En 1929 trasladouse a Vigo por motivos profesionais. Militante do Partido Republicano Radical Socialista asistiu ao pacto de Lestrobe.

Na madrugada do 14 de abril de 1931 arengou ás masas desde a escalinata do Pazo de Xustiza e proclamou a República en Vigo.. Na República foi nomeado gobernador civil de Huesca o 30 de decembro de 1931, permanecendo no cargo ata o 16 de xuño de 1932, cando pasou a ser gobernador civil de Córdoba, permanecendo no cargo ata o 14 de setembro de 1933. Integrado en Izquierda Republicana, o 19 de marzo de 1936 foi nomeado gobernador civil de Albacete, permanecendo no cargo ata o 14 de xuño dese ano, cando pasou a ser gobernador civil de Toledo.

Aparentemente foi levado polos militares rebeldes ao interior do Alcázar de Toledo como refén durante o asedio, pero despois comprobouse que acudiu en calidade de refuxiado. Foi relevado como gobernador o 10 de agosto dese ano. Ao rematar o asedio, a finais de setembro, retornou a Galicia. No consello de guerra contra os membros do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela (causa 231/36) celebrado o 19 de novembro, actuou como defensor xunto cos letrados Manuel Casás Fernández e José Reino Caamaño; Manuel María ocupouse da defensa de Rafael Frade Peña.A represión franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria. Narón, 4 a 7 de decembro de 2003. Nota 16. Páx. 396. Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, maio 2005 Instalouse na Coruña, onde exerceu como avogado durante o franquismo. Finou na Coruña o 13 de xullo de 1975.Necrolóxica en Hoja Oficial del Lunes, 14-7-1975, p. 15. Obras É autor da peza teatral Antón de Freixide, estreada no Teatro Principal de Santiago pola Tuna Escolar Gallega o 4 de febreiro de 1915, e representado tamén na Coruña, Betanzos, Viveiro, Lugo, Monforte, Tui e Noia nese ano.O teatro galego e os coros populares, 1915-1931 A obra continuou representándose nos anos dez e vinte. Na presentación da obra en Compostela, tivo moita repercusión o discurso de Manuel María, en presenza do claustro da Universidade, da prensa e das autoridades.

Vida persoal

Casou na Coruña con María de los Ángeles Pardo Hidalgo en xuño de 1921.Diario de Pontevedra, 20-6-1921, p. 2. Foi pai de María de los Ángeles, Carmela e Manuel María González Pardo. María de los Ángeles finou en febreiro de 1975.La Voz de Galicia, 18-2-1975, p. 58, Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Manuel María González López na Cordobapedia Fernández, Carlos (25/11/2006). "Un refuxiado no Alcázar de Toledo" La Voz de Galicia .

Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Dramaturgos en lingua galega

Categoría:Gobernadores civís de Huesca Categoría:Gobernadores civís de Córdoba Categoría:Gobernadores civís de Albacete Categoría:Gobernadores civís de Toledo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1975