A Asemblea de Melilla (en castelán: Asamblea de Melilla) é o órgano representativo da cidade autónoma de Melilla, composta por vinte e cinco membros elixidos por sufraxio universal, libre, directo e secreto e que teñen tamén a condición de concelleiros ao asumir as funcións que as leis recoñecen á organización municipal. O Estatuto de Autonomía de Melilla, aprobado por Lei orgánica de 13 de marzo de 2005 ao amparo do artigo 144, b) da Constitución, atribúelle as funcións de elixir o Presidente da Cidade, que o é tamén da Asemblea, o control do Consello de Goberno, incluída a moción de censura ao Presidente e as facultades normativas propias para a súa organización. Como a outras comunidades autónomas recoñéceselle o dereito a presentar proxectos de lei ante o Congreso dos Deputados e a remitir ao mesmo proposicións de lei, pero non a potestade lexislativa.

Composición A Asemblea de Melilla está composta polo Presidente, que é á súa vez o Alcalde e Presidente da Cidade Autónoma e vinte e cinco deputados dos diferentes partidos políticos, que son á vez concelleiros.

Desde as Eleccións á Asemblea de Melilla do 22 de maio de 2011, a cámara está composta polos seguintes grupos:

PP: 15 deputados. Coalición por Melilla (CpM): 6 deputados. PSOE: 2 deputados. Partido Populares en Libertad (PPL): 2 deputados.

Véxase tamén Outros artigos Consello de Goberno de Melilla

Ligazóns externas Páxina web da Asemblea de Melilla Estatuto de Autonomía de Melilla, Boletín Oficial del Estado.

Categoría:Política de Melilla Melilla