A tempada 1970-1971 da Liga Nacional de rugby foi a cuarta edición da máxima categoría do rugby en España. A liga contou con 8 equipos. O calendario da competición estivo formado por 14 xornadas. Nel enfrontáronse entre si tódolos equipos a dúas voltas. O Canoe NC saíu campión por vez primeira na súa historia.

Novos participantes Nesta II Liga Nacional de rugby participaron os mesmos seis equipos da primeira edición, e dous novos participantes que tiveron que pasar por unha fase de ascenso disputada na primavera de 1970, e na que participaron un total de 16 equipos: tres de Castela, tres de Cataluña, tres de Andalucía, dous de Valencia, dous de Euskadi/Navarra, dous de Asturias e un de Valladolid. Chegaron á final o El Salvador (eliminando ó CN Sevilla, ó Canoe e ó CN Barcelona) e a Santboiana (eliminando ó Macarena, ó Anoeta e ó Olímpico).Hoy, en Madrid, Samboyana-El Salvador, na hemeroteca do Mundo Deportivo. A final desta fase de ascenso foi xogada o 17 de maio en Madrid e rematou cun 20-9 a prol do equipo de Valladolid.El Salvador asciende a la Liga Nacional, na hemeroteca do Mundo Deportivo. Daquela aínda non estaba decidido que a liga aumentase de 6 a 8 participantes, de xeito que o resultado significaba o ascenso directo dos gañadores e unha incógnita para os perdedores. Finalmente en setembro a federación acordou a ampliación do torneo mantendo na máxima categoría a tódolos participantes da primeira edición, e acollendo nela ós dous finalistas da fase de ascenso.Definitivo, ocho clubs en la Liga Nacional, na hemeroteca do Mundo Deportivo.

Sistema de puntuación O sistema de puntuación foi o seguinte: 2 puntos por vitoria. 1 punto por empate. 0 puntos por derrota. 1 punto por encontro xogado.

Clasificación División de Honra — Tempada 1970/71PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.PFPC 1 Canoe NC 39 14 12 1 1 212 83 2 CR El Salvador 34 14 10 0 4 182 122 3 FC Barcelona 32 14 9 0 5 192 122 4 UE Santboiana 29 14 7 1 6 124 146 5 At.San Sebastián 28 14 7 0 7 166 127 6 CEU Barcelona 22 14 4 0 10 91 195 7 CR Cisneros 21 * 14 4 0 10 84 161 8 CAU Madrid 18 14 2 0 12 90 185Cisneros foi sancionado cun punto por incomparecencia.

<<<< 1969/70 — Tempadas — 1971/72 >>>>

En azul o campión de liga (1º). En rosa a posición de promoción de permanencia (7º). En vermello a posición de descenso directo (8º). <noinclude>

O Canoe NC conseguiu o campionato nacional de liga, con 39 puntos en 14 xornadas. Foi o 1º título de liga para o club madrileño. Eliminatoria de Promoción (Valencia): Colegio Mayor Cisneros - Club Natación Barcelona  6-16

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Anuario 1970/1971 da Federación Española de Rugby

Categoría:Rugby en 1971 Categoría:División de Honra de Rugby