miniatura|Maqueta de Luna 10, a única sonda Luna E-6S con éxito. Luna E-6S, Luna E6S ou Luna Ye-6S pola súa transliteración da lingua rusa, é a designación dun modelo de sondas espaciais soviéticas composto por dous membros.
Características As sondas Luna E-6S foron deseñadas e lanzadas para estudar o espazo próximo á Lúa. Entre os seus instrumentos científicos contábase un espectrómetro de raios gamma para enerxías de entre 0,3 e 3 MeV, un magnetómetro triaxial, un detector de meteoritos, detectores de plasma e detectores de radiación infravermella proveniente da superficie lunar. Unha das sondas, Luna 10, retransmitiu A Internacional desde a órbita lunar durante o vixésimo terceiro Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética.
Historial de lanzamentos
Voo Data Carga Resultado Notas 1 1 de marzo de 1966 Kosmos 111 Fallo parcial A etapa de inxección transluar non se acendeu, deixando á sonda en órbita terrestre. 2 31 de marzo de 1966 Luna 10 Éxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Luna E-1 Luna E-1A Luna E-3 Luna E-6 Luna E-6LF Luna E-6LS Luna E-6M Luna Ye-8 Luna Ye-8-5 Luna Ye-8-5M Luna Ye-8-LS
Categoría:Programa Luna