Federico Zamora Mosquera, nado o 7 de agosto de 1892 e finado na Coruña o 12 de agosto de 1975La Voz de Galicia, 13-8-1975, p. 30., foi un político e escritor galego.
Traxectoria Emigrou sendo novo a Buenos Aires, onde ampliou os seus coñecementos. Retornou e foi membro da Irmandade da Fala da Coruña, da que foi bibliotecario en 1918 e vicepresidente en 1923. Participou na Asemblea de Lugo e Monforte. Foi promotor e fundador con Ánxel Casal da primeira escola de ensinanza galega e foi comisionado para visitar as Escuelas del Mar e as Escuelas de ensinanza catalá de Barcelona para ver como funcionaban. Colaborou con Leandro Carré Alvarellos na creación da Escola Dramática Galega. Colaborou en A Nosa Terra. Representante de calzados Senra, percorreu o país con Víctor Casas para levar a mensaxe do nacionalismo galego. Trasladado a Vigo foi fundador e presidente da ORGA viguesa e asistiu ao Pacto de Lestrobe. Retornou a Coruña en setembro de 1931. En xuño de 1936 foi nomeado administrador do balneario Termas Pallarés de Alhama de AragónLa Voz de Galicia, 3-6-1936, p. 2.. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado por Responsabilidades Políticas e sufriu unha sanción económica. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Obras Refráns e ditos populares galegos, 1972.
Vida persoal Casou con Pilar Castro Iglesias en 1917.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Liberados del olvido Artigo de Federico Mosquera no Boletín da RAG
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados na Coruña