Diego Delicado Marañón, nado en Málaga o 28 de abril de 1884 e finado na Coruña o 7 de agosto de 1964, foi un político español.
Traxectoria En 1904 ingresou no Corpo Pericial de Aduanas. Estivo destinado nas Aduanas de Roses e Canfranc. En 1908 pasou a administración de aduanas de Ribeira. Trasladado a Coruña en 1918, durante a ditadura de Primo de Rivera foi xefe de Aduana da cidade. Foi concelleiro da Coruña en 1938. Foi presidente da Deputación da Coruña do 27 de marzo de 1950 ao 25 de xaneiro de 1961. Foi procurador nas Cortes franquistas (1952-1961) como representante das deputacións provinciais.
Recoñecementos Medalla de Ouro do Traballo. Gran Cruz do Mérito Civil. Cruz de Afonso X O Sabio.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Nados en Málaga Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega