miniatura|250px|Moeda de 10 escudos de Isabel II de 1868.
Co nome de escudo español coñécense dúas unidades monetarias distintas que circularon en España durante diferentes períodos da historia deste país durante os séculos XVI e XIX, tamén denominadas, para distinguilas entre si, escudo de ouro e escudo de prata, respectivamente.
O escudo de ouro (1535-1833)
miniatura|280px|Moeda de oito escudos de ouro de Carlos IV. miniatura|280px|Moeda de medio escudo de ouro de Fernando VII.
En 1535 acúñase por primeira vez en Barcelona, por orde do rei Carlos I, unha moeda de ouro cun peso de 3,4 g e un valor de 350 marabedís. Dita moeda estaba destinada a pagar os gastos duna expedición a Tunisia.
Pero non foi até o reinado de Filipe II cando o escudo de ouro se converte na principal unidade monetaria de todo o territorio español. Nesta época estaba subdividido en reais e marabedís.
Desde a época de Filipe II até os tempos de Fernando VII cuñáronse moedas en diferentes metais e denominacións, pero todas elas co escudo como unidade de referencia, xa que este equivalía ben a 16 reais de prata ou a 40 reais de billón.
As moedas de ouro emitíronse con valores faciais de ½, 1, 2, 4 e 8 escudos. A peza de 2 escudos era coñecida polo nome de dobrón, pois o seu peso correspondía exactamente ao duplo que o da moeda de 1 escudo, 6,77 g de ouro.
Ademais destas moedas tamén se emitiron entre 1809 e 1839 outras similares compostas do mesmo metal, pureza e peso, con valores de 80, 160 e 320 reais de billón (2, 4 e 8 escudos).
O deseño destas moedas estaba formado polo busto do monarca reinante no anverso e polo escudo real no reverso. Ademais todas levaban inscrita a letra correspondente á inical da ceca na que se cuñaran. A maioría das pezas de ouro cuñáronse nas cecas de Madrid e Sevilla, e por tanto estas moedas levaban gravadas ben un M ou un S.
Denominación Metal Lei (ml)* Peso (g) Ø (mm) Canto Emitida entre 8 escudos Ouro 0,875 27,06 38,00 Cordoncillo 1535 e 1833 4 escudos Ouro 0,875 13,53 31,00 Cordoncillo 1535 e 1833 2 escudos Ouro 0,875 6,77 22,00 Cordoncillo 1535 e 1833 1 escudo Ouro 0,875 3,38 18,00 Cordoncillo 1535 e 1833 ½ escudo Ouro 0,875 1,69 15,00 Cordoncillo 1535 e 1833 * = A pureza do metal foise reducindo desde os 0,917 ml/g orixinales por peza, até os 0,875 das últimas cuñaxes.
O escudo de prata (1864-1869)
miniatura|250px|Sistema monetario español baseado no escudo de prata(Os números fan referencia á táboa de debaixo) O segundo escudo, ou escudo de prata, introduciuse en España durante o reinado de Isabel II. Este escudo tiña un peso de 12,5 g de prata e unha pureza de 835 milésimas (83,5 %), e estaba subdividido en 100 céntimos de escudo.
Antes de que a raíña accedera ao trono en 1833 circulaban en España numerosas unidades monetarias con metais, purezas, pesos e valores diferentes. Por iso se realizaron varios intentos por unificar o sistema monetario, que por entón se rexía por reais e marabedís, nunha única moeda. Así mesmo, para ingresar na Unión Monetaria Latina debíase contar cunha moeda de circulación única e adaptada ao Sistema Métrico Internacional. Con estes fins, en 1864 creouse o escudo de prata, substituíndo ao real, que xa daquela estaba subdivido nun sistema decimal de 10 décimas ou 100 céntimos de real.
Cuñáronse moneas de cobre, prata e ouro, con pesos, metales e purezas exactamente definidos. As pezas emitidas foron de ½, 1, 2½ e 5 céntimos de escudo en cobre, de 10, 20 e 40 céntimos en de 1 e 2 escudos en prata e, por último, de 2, 4 e 10 escudos en ouro. En Galicia cuñáronse os devanditos valores en cobre na Real Casa de Moeda de Xuvia, entre os anos 1866 e 1868Pita Fernández, Ricardo Luís. A Real Casa da Moeda de Xubia. Breve historia e catálogo das súas cuñacións. Santiago de Compostela, Andavira Edicións. 1996. ISBN 84-89641-37-4Pita Fernández, Ricardo Luís. Numismática Galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela, 1999. ISBN 84-605-9958-2.
As moedas citadas anteriormente tiñan as características técnicas que se sinalan na táboa esquemática que aparece a continuación:
Ref. Denominación Metal Lei (ml) Peso (g) Ø (mm) Canto Emitida entre Cecas 1 10 escudos Ouro 0,900 8,35 22,00 Ley Patria Rey 1865 e 1868 M S 2 4 escudos Ouro 0,900 3,34 18,00 Estriado 1865 e 1868 M S 3 2 escudos Ouro 0,900 1,67 16,00 Estriado 1865 e 1868 M 4 Prata 0,900 26,00 37,00 Ley Patria Rey 1864 e 1868 M 5 1 escudo Prata 0,900 13,00 30,00 Ley Patria Rey 1864 e 1868 M 6 40 céntimos Prata 0,810 5,20 23,00 Estriado 1864 e 1868 B M S 7 20 céntimos Prata 0,810 2,60 18,00 Estriado 1865 e 1868 M S 8 10 céntimos Prata 0,810 1,30 15,00 Estriado 1865 e 1868 M S 9 5 céntimos Cobre 0,999 12,50 32,00 Liso 1865 e 1868 B M J Sg S 10 2½ céntimos Cobre 0,999 6,25 25,00 Liso 1865 e 1868 B M J Sg S 11 1 céntimo Cobre 0,999 2,50 18,00 Liso 1864 e 1868 B M J Sg S 12 ½ céntimo Cobre 0,999 1,25 16,00 Liso 1864 e 1868 B M J Sg S B = Barcelona M = Madrid J = Jubia (Xuvia) Sg = Segovia S = Sevilla
A vida do segundo escudo español foi curta, pero serviu de base para a introdución dun sistema monetario unificado e definitivo que tanta falta facía para normalizar a economía da época. En 1869, tras o destronamento da raíña Isabel II e a constitución dun goberno provisional, estableceuse que 2 escudos de prata eran equivalentes a 5 pesetas, quedando confirmada a peseta como unidade monetaria de España até o ano 2002.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Centén Real español Peseta
Categoría:Escudo (moeda) Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas de prata Categoría:Numismática de Galicia