Ramón Reimunde Noreña ou Ramom Reimunde Norenha, nado en San Martiño de Mondoñedo (Foz) o 18 de abril de 1949, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria Entre 1972 e 1979 navegou como oficial en barcos españois e estranxeiros. Estudou Enxeñería Naval en Oviedo e Madrid. En 1979 obtivo o título de piloto e capitán de Mariña Mercante logo de estudar Náutica na Coruña. Licenciouse en Filoloxía Hispánica (1979) e en Filoloxía Galego-Portuguesa (1982) pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1981 foi nomeado profesor agregado de Lingua e Literatura Galega, con destinos en Viveiro, Lugo e Foz, accedendo en 1992 á condición de catedrático de Lingua Galega.

Colaborou con artigos en xornais como El Progreso e La Voz de Galicia, e ten participado en xornadas de ensino e congresos. É membro da Academia Galega da Língua Portuguesa.

Obra Ensaio Ben pode Mondoñedo desde agora. A eséncia popular na obra e na língua de Manuel Leiras Pulpeiro, 1998, Fundación Caixa Galicia. A costeira, 2006, Xunta de Galicia. Cautivério de Fingoi: os anos lugueses (1950-1965) de D. Ricardo Carvalho Calero, 2010, Deputación de Lugo. Con textículos (recompilación de 77 artigos publicados despois do ano 2000), 2010, Deputación de Lugo. O Tesouro do Monte, 2014, Academia Galega da Língua Portuguesa. Cativeiro de Fingoi, reedición de Cautivério de Fingoi, 2020, Deputación de Lugo.

Edicións Poesía galega completa, de Manuel Leiras Pulpeiro, 1984, Sotelo Blanco. Trebón, de Armando Cotarelo Valledor, 1984, AGAL.

Obras colectivas Os escritores lugueses arredor de Fole, 1986, Concello de Lugo. Congresso Álvaro Cunqueiro: actas. Mondonhedo, 19, 20, e 21 de Abril de 1991, 1993, AGAL/Deputación de Lugo.

Premios Gañador do Premio Literario Ánxel Fole no 1998, por Ben pode Mondoñedo desde agora.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha do autor en Galegos Ficha de tradutor na Biblioteca da Tradución Galega. Ficha do autor na Academia Galega da Língua Portuguesa

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Foz Categoría:Nados en 1949 Categoría:Premio Ánxel Fole Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Tradutores ao galego