Redención Campesina foi un semanario editado en Santiago de Compostela entre 1919 e 1921.

Historia e características Subtitulado Semanario Social Anticaciquil, apareceu o 30 de decembro de 1919 como continuación de El Ideal Campesino.El Noticiero Gallego, 28-12-1919, p. 1. Dirixido por Domingo Carreira Botana, posteriormente foi substituído por Adolfo Gómez Portela, o propietario e xerente era Ricardo García Otero, párroco de Aríns. Proclamábase "defensor de los intereses agrícolas de Conjo, Ames y otros Ayuntamientos". De tendencia social-católica, publicábase con censura eclesiástica. Cesou a súa publicación no verán de 1920, e volveu aparecer o 27 de outubro. Publicou artigos sobre cuestións sociais e información sobre mitins e actividade societaria na bisbarra. Apareceron algúns contos en galego. J. M. Palomares afirma que seguía publicándose en 1921.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:Prensa agraria Categoría:1919 en Galicia Categoría:Prensa anticaciquil