right|miniatura|Virxe do Carme.

CarmeO nome galego Carme recóllese en numerosas fontes - é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co asturiano e co catalán. A súa orixe é o hebreo כרמן (Har ha'Karmel) que quere dicir xardín de Deus. Karmel é o nome dun monte situado entre a fronteira de Galilea e Samaria. En galego tamén ten os hipocorísticos Carmiña, Carmucha, Mucha, Muchiña, Lucha, Carmuca, Menchu, Carmela e Mela.

En xaneiro de 2023 existían 249 mulleres en Galicia co nome Carme, cunha media de idade de 16,2 anosNome Carme na web do Instituto Galego de Estatística. e 15 co nome Carmiña, cunha media de idade de 38,3 anos.Nome Carmiña na web do Instituto Galego de Estatística.

Santoral Popularizado pola veneración á Virxe do Carme ou Nosa Señora do Monte Carmelo en Israel, o seu santoral é o día 16 de xullo.

Variantes noutras linguas Árabe كارمين Aragonés CarmenEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano Carme Castelán Carmen Catalán Carme Chinés 卡门 Éuscaro Karmele, Karmiñe Galego Carme, Carmo, Diminutivos: Carmiña, Carmela, Hipocorístico: Mucha Grego Xαρμεν Guaraní Kamé Hebraico כרמן Hindi कर्मेन Inglés Carmen Italiano Carmine Portugués Carmo Ruso Карме, Кармен Xaponés カルメン

Persoas de sona Carme e Carmo Galegas Carme Adán, nada en 1966, política, intelectual e profesora galega. Carmen Blanco Ramos, nada en 1957, escritora galega. Maria do Carmo Henríquez Salido, nada en Mugardos en 1944, é unha lingüista galega. Carme Fernández-Pérez Sanjulián, nada en 1963 , é unha filóloga e ensaísta galega. Carmela Silva (María do Carme Silva Rego), nada en 1960 , é unha política galega do PSdeG. María do Carme Kruckenberg, nada en 1926 , é unha escritora galega. Carmela Arias Díaz de Rábago , nada en 1920, foi unha empresaria galega, presidenta da Fundación Barrié. María do Carme Solar Núñez, nada en 1970 , é unha xornalista e escritora galega. María do Carmo Ríos Panisse, nada en 1946 en Santiago de Compostela, é unha filóloga galega.

Outras Carme Chacón, nada en 1971, unha política catalá militante do PSC que foi ministra do goberno español. Carme Junyent, nada en 1955, é unha lingüista catalá. Carme Ruscalleda, nada en 1952, é unha cociñeira catalá. Carme Figueres i Siñol, unha política catalá. Carme Laura Gil i Miró, unha profesora catalá. Carme Pinós, unha arquitecta catalá. Carme Riera, unha profesora catalá. Maria do Carmo de Carvalho Rebelo de Andrade (Carminho), unha fadista portuguesa.

Variante Carmen Galegas Carmen Blanco, nada en Lugo en 1954 , é unha escritora e feminista galega. Carmen Leyte (María del Carmen Leyte Coello), nada en Vigo en 1953 , é unha médica e política galega vinculada ao PPdeG. Carmen Gallego (María Carmen Gallego Calvar), nada en Vilaboa en 1966 , é unha política galega do PSdeG-PSOE. Carmen Dolores, nada en Padrón , é unha cantante e compositora galega. Carmen Avendaño, nada en Vigo en 1954 , activista contra o narcotráfico galega. Carmen Lovelle (María del Carmen Lovelle Alén), nada en Ourense en 1941 , é unha mestra e política galega. Carmen Sotelo, nada en Vilalba , é unha actriz galega. Carmen Rey, é unha cantante de jazz e mestra de música galega. Carmen Panero, nada en Pontevedra en 1949, é unha escritora e crítica literaria galega. Carmen Prieto, nada en Vilalba en 1901, foi unha poeta e dramaturga galega. Carmen Fidalgo (María Carmen Fidalgo Colmeiro), nada en Silleda , é unha política galega. Carmen Martín Serantes, nada en Suíza en 1971 , é unha pintora galega. Carmen Martínez Castro, nada en Venezuela en 1961 , é unha xornalista e política galega, do Partido Popular. Carmen Marón, nada en Samos en 1942 , é unha política galega. María del Carmen Gueimunde, nada en Viveiro en 1968 , é unha política galega. Carmen Fraga, nada en León en 1948 , é unha política galega. Carmen Pallares Méndez, nada en Agolada en 1948 , é unha historiadora galega. María Carmen González Quintela, nada en Carballeda de Valdeorras en 1957 , é unha industrial e política galega. María del Carmen Yáñez Salgado, nada en Ourense en 1976 , é unha avogada e política galega do PPdeG . María del Carmen Ferreira Boo, nada en 1973 , é unha investigadora galega de literatura infanto-xuvenil.

Outras Carmen Mejía Ruiz, filóloga española, estudosa da lingua e literatura galegas. Carmen Alborch, política española. Carmen Amaya, bailadeira española. Carmen Barbieri, actriz arxentina. Carmen de Burgos, xornalista e escritora española. Carme Canela, cantante de jazz española. Carme Chacón, política española. Carmen Conde, poeta española. Carmen Conesa, actriz española. Carmen Consoli, cantante italiana. Carmen Electra, actriz e modelo estadounidense. Carmen Flores, irmá de Lola Flores, cantante española. Carmen Kass, modelo e xadrecista estoniana. Carmen Laforet, escritora española. Carmen Linares, cantante española. Carmen de Lirio, vedete e actriz española. Carmen Machi, actriz española. Carmen McRae, cantante estadounidense. Carmen Martín Gaite, escritora española. Carmen Maura, actriz española. Carmen París, cantante española. Carmen Russo, vedete italiana. Carmen Sevilla, actriz e cantante española. Carmen Tórtola Valencia, bailarina española. Carmen de Mairena, popular travesti catalá. Carmen Cervera, coñecida coma Tita Cervera ou Tita Thyssen, nobre española. Margarita Carmen Cansino, coñecida como Rita Hayworth, actriz estadounidense de orixe española.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe hebrea Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos asturianos Categoría:Nomes femininos cataláns