Simeón García Olalla de la Riva nado en Logroño o 18 de febreiro de 1823 e finado en Alcoi o 31 de maio de 1889Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 1-6-1889, p. 3., foi un empresario español.
Traxectoria Chegou a Santiago de Compostela en 1845 con 22 anos onde estaba establecido o seu irmán máis vello, dedicado ao comercio. Cando en 1854 morreu o seu irmán, Simeón tomou as rendas do negocio e tres anos despois fundou o Banco Simeón. Casou en 1866 con Juana Blanco Navarrete. Despois ampliou o seu radio de acción a outras cidades españolas como Barcelona. Os seus fillos coa denominación Viuda e Hijos de Simeón García, continuaron a actividade creando casas comerciais en Madrid, Burgos, León, Santander, Oviedo, Pontevedra e Lugo. Logo do falecemento dos fillos varóns continuou á fronte do negocio a súa filla Isabel García Blanco, que casara co comerciante Acisclo Sáenz Díaz.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Personalidades da banca Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Logroño Categoría:Nados en 1823 Categoría:Finados en 1889 Categoría:Personalidades sen imaxes