Esteban Fernández Temprano, nado na Coruña o 13 de decembro de 1877 e finado en Madrid o 5 de xuño de 1952 foi un tipógrafo, xornalista e político galego.
Traxectoria Membro da Agrupación Socialista da Coruña, da que foi elixido presidente en 1904.El Noroeste, 5-1-1904, p. 1. Colaborou en El Socialista. Presentouse ás eleccións municipais como candidato socialista en decembro de 1909 e novembro de 1911, pero non saíu elixido."Las elecciones municipales en La Coruña" en El Noroeste, 13-11-1911, p. 1. Na súa imprenta editábase La Voz del Obrero, do que foi o primeiro director. Participou no Congreso Regional Obrero de Vigo en marzo de 1911, que deu lugar á Federación Sindical Solidaridad Obrera de Galicia.
Trasladouse a Viveiro coa súa familia en 1912, chamado por Benigno López Muñoz para que dirixira os seus talleres tipográficos, e o semanario Heraldo de Vivero, que tamén dirixiu. Tamén colaborou en Landro. En 1926 fundou e dirixiu La Voz del Pueblo. Publicou algunhas colaboracións en La Voz de Galicia.
En 1928 representou ao Ramo da Construción de Vivero no XVI Congreso da UGT e ese ano trasladouse a Madrid para traballar como tipógrafo. Foi detido ao rematar a guerra civil e despois de saír en liberdade traballou como corrector de probas na imprenta Rivadeneyra (1949) ata a súa morte.
Vida persoal Casou con Purificación Oreña Martínez en 1908.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Heraldo de Vivero cumple un siglo de vida, número especial do periódico do 17 de febreiro de 2012.
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1952