My Father Will Guide Me Up a Rope to the Sky é o décimo primeiro álbum da banda estadounidense de rock experimental Swans, publicado o 23 de setembro do 2010 a través do selo Young God Records. Trátase do seu primeiro traballo de estudio en 14 anos. O fundador do grupo, Michael Gira, financiou a gravación deste disco creando o álbum de edición limitada I Am Not Insane e elixindo a varios colaboradores de anteriores formacións de Swans, ademais de membros do seu proxecto paralelo Angels of Light, para gravar My Father Will Guide Me Up a Rope to the Sky.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Michael Gira
"No Words/No Thoughts" – 9:24 "Reeling the Liars In" – 2:20 "Jim" – 6:46 "My Birth" – 3:52 "You Fucking People Make Me Sick" – 5:08 "Inside Madeline" – 6:36 "Eden Prison" – 6:03 "Little Mouth" – 4:12
Categoría:Álbums de Swans Categoría:Álbums musicais de 2010 Categoría:Álbums producidos por Michael Gira Categoría:Álbums de Young God Records