O Gran Premio do Reino Unido de 1973 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 14 de xullo de 1973 no circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra. Foi a novena carreira do Campionato do Mundo da tempada de .

Informe da carreira

A carreira é coñecida polo choque en cadea na primeira volta que finalmente causou a retirada de once vehículos. O accidente ocorreu cando Jody Scheckter que ía cuarto trompeou no centro da pista na saída de Woodcote (a última curva) ao final da primeira volta, facendo que moitos outros coches chocaran e estreláranse. A carreira detívose ao final da segunda volta, polo choque en cadea, e reiniciouse na distancia inicial. Andrea de Adamich retirouse do deporte logo desta carreira debido ás lesións recibidas no accidente. Nove automóbiles foron eliminados no choque en cadea (incluíndo os tres coches de fabrica de Surtees), 18 vehículos comezaron no reinicio dos 29 coches que comezaron (David Purley e Graham McRae tamén quedaron fóra da carreira na primeira volta en incidentes separados).

Na primeira volta, unha rápida saída de Jackie Stewart levouno do cuarto ao primeiro lugar en menos de media volta. Na curva Becketts (que era a terceira das oito curvas do circuíto orixinal de Silverstone) Stewart apurou a freada e pasou ao líder da carreira Ronnie Peterson tomando a dianteira. Desafortunadamente para Stewart, o gran choque en cadea ao final da primeira volta provocou que a carreira fora reiniciada e tivo que empezar de novo cuarto. Esta vez foi Niki Lauda quen tivo un excelente comezo e colocouse segundo detrás de Peterson, con Stewart terceiro. Stewart pasou a Lauda na segunda volta, e logo atacou a Peterson. Na sexta volta, Stewart intentou de novo pasar a Peterson para ser líder, pero o piloto sueco pechou a porta, Stewart perdeu o control do seu Tyrrell e trompeou no espeso céspede. Malia que foi capaz de continuar, Stewart rexistrou o seu peor resultado da tempada: o 10º lugar dos 13 finalistas.

Outra notable pilotaxe fíxoa James Hunt no seu Hesketh Racing March, que correu na maior parte da carreira en cuarta posición e tomou parte na batalla a 4 bandas polo liderado entre el, Peterson, Denny Hulme e Peter Revson. O piloto americano Revson gañou o seu primeiro Gran Premio con 2´8 segundos sobre Peterson, e ía a gañar de novo en Mosport no Canadá. Só 8 meses despois da súa primeira vitoria na F1 en Silverstone, morrería nun accidente nas probas previas en Kyalami en Suráfrica pilotando un Shadow.

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 8 Peter Revson McLaren-Ford 67 1:29:18.5 3 9 2 2 Ronnie Peterson Lotus-Ford 67 + 2.8 1 6 3 7 Denny Hulme McLaren-Ford 67 + 3.0 2 4 4 27 James Hunt March-Ford 67 + 3.4 11 3 5 6 François Cevert Tyrrell-Ford 67 + 36.6 7 2 6 10 Carlos Reutemann Brabham-Ford 67 + 44.7 8 1 7 19 Clay Regazzoni BRM 67 + 1:11.7 10 8 3 Jacky Ickx Ferrari 67 + 1:17.4 19 9 25 Howden Ganley Iso Marlboro-Ford 66 + 1 volta 18 10 5 Jackie Stewart Tyrrell-Ford 66 + 1 volta 4 11 15 Mike Beuttler March-Ford 65 + 2 voltas 24 12 21 Niki Lauda BRM 63 + 4 voltas 9 13 28 Rikky von Opel Ensign-Ford 61 + 6 voltas 21 Ret 11 Wilson Fittipaldi Brabham-Ford 44 Fuga aceite 13 Ret 1 Emerson Fittipaldi Lotus-Ford 36 Transmisión 5 Ret 29 John Watson Brabham-Ford 36 Sistema combustible 23 Ret 12 Graham Hill Shadow-Ford 24 Chasis 27 Ret 22 Chris Amon Tecno 6 Sistema combustible 29 Ret 30 Jody Scheckter McLaren-Ford 0 Colisión 6 Ret 23 Mike Hailwood Surtees-Ford 0 Colisión 12 Ret 31 Jochen Mass Surtees-Ford 0 Colisión 14 Ret 24 Carlos Pace Surtees-Ford 0 Colisión 15 Ret 20 Jean-Pierre Beltoise BRM 0 Colisión 17 Ret 9 Andrea de Adamich Brabham-Ford 0 Colisión 20 Ret 14 Roger Williamson March-Ford 0 Colisión 22 Ret 16 George Follmer Shadow-Ford 0 Colisión 25 Ret 17 Jackie Oliver Shadow-Ford 0 Colisión 26 Ret 26 Graham McRae Iso Marlboro-Ford 0 Acelerador 28 Ret 18 David Purley March-Ford 0 Trompo 16

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 10px 1 Jackie Stewart 42 10px 2 Emerson Fittipaldi 41 10px 3 François Cevert 33 10px 4 Ronnie Peterson 25 10px 5 Denny Hulme 23

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 Lotus-Ford 58 (62) 10px 2 Tyrrell-Ford 53 (57) 10px 3 McLaren-Ford 35 10px 1 4 Brabham-Ford 12 10px 1 5 Ferrari 12

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.

Notas

Última carreira do campionato celebrada no circuíto de Silverstone orixinal, antes de que fora engadida a chicane en Woodcote no seguinte Gran Premio en Silverstone. O campionato de MotoGP, que chegaría a Silverstone desde a Illa de Man en 1977, utilizaría o circuíto orixinal ata 1986. Esta foi a última carreira de Jacky Ickx con Ferrari.

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1973 Categoría:Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1