Gliese 176 b é un planeta extrasolar do tipo Super-Terra que está aproximadamente a 31 anos luz de distancia, na constelación de Taurus. Este planeta orbita moi preto da súa estrela nai, a anana vermella Gliese 176 (tamén chamada "HD 285968").
O anuncio inicial confundiu a periodicidade planetaria coa periodicidade estelar de 40 días, dando un período de 10,24 días para un planeta de 25 masas terrestres. Lecturas posteriores filtraron os datos da rotación da estrela, dando unha lectura máis precisa da órbita do planeta e unha masa mínima. O planeta orbita dentro da magnetosfera interior da súa estrela nai. A citada temperatura de 450 K é unha temperatura de "equilibrio térmico".
Prevese que o planeta estea gobernado por un núcleo rochoso, pero a súa masa real é descoñecida. Se a órbita está orientada de tal xeito que o estamos a ver case de fronte, o planeta pode ser significativamente máis masivo do que indica o seu límite inferior de masa. Se é así, podería ter atraído un manto de gas coma Urano ou Gliese 436 b.
Citas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Planetas extrasolares Categoría:Constelación de Taurus