miniatura|Sacarrollas de ás. O sacarrollas é un instrumento consistente nunha hélice metálica cun mango ou panca que se inventou para poder quitar as rollas ós frascos e botellas de viño e xaropes embotellados. Os sacarrollas fabrícanse en materiais tan diversos como plástico, metal ou madeira pero a espiral sempre é de aceiro. Existen os nomes dialectais tirarrollas e tirabuxón.O nome tirabuxón está moi documentado en diferentes fontes coma: X. Filgueira Valverde, L. Tobío Fernandes, A. Magariños Negreira e X. Cordal Carús (1926): Vocabulario popular castelán-galego (publicado por entregas n'El Pueblo Gallego)

Tipos Existen diferentes tipos de sacarrollas:

De botella, o máis habitual que á súa vez adopta diferentes formas. Pregable, propio de hostalería, xa que se pode levar no peto. De ás que se erguen ó introducir a barrena, facilitando así a extracción ó facer panca. É moi común no ámbito doméstico. De parede, acaroado á parede e que se acciona por sistema de panca. De láminas ou lingüetas - consistente en dúas láminas metálicas que se introducen nos laterais do pescozo da botella extraendo deste xeito a rolla intacta. Tamén permite reintroducir o tapón. De aire comprimido - inxéctase aire cunha bomba atravesando o tapón cunha agulla. A corrente de aire fai elevar o tapón, pero pode prexudicar a estrutura do viño, polo que é pouco utilizado.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Museo do Sacarrollas

Categoría:Utensilios de cociña