Un géyser,, ou geyser,Gran Dicionario Xerais da Lingua, VV.AA. 2009. Edicións Xerais, Vigo pronunciado [ˈɡajzə] ou [ˈɡajse̝ɾ], é unha nacente termal que entra en erupción periodicamente, lanzando unha columna de auga quente e vapor para o ar. O nome géyser provén de Geysir, o nome dunha nacente eruptiva en Haukadalur, na Islandia; este nome deriva pola súa vez do verbo gjósa, "chorrear".

A formación de géyseres require unha hidroxeoloxía favorábel, o que existe só en poucos lugares na Terra; logo, son fenómenos razoabelmente raros. Existen cerca de mil en todo o mundo, e a metade destes no Parque Nacional de Yellowstone nos Estados Unidos. Tamén son coñecidos os géyseres de Nova Zelandia e o Strokkur Geysir de Islandia.miniatura|O Strokkur Geysir, en Islandia.|centro Notas

Categoría:Hidrografía