Carlos Wilson Cachicote da Rocha, coñecido como Rudy, nado en Oeiras (Lisboa) o 1 de maio de 1989, é un futbolista portugués. Xoga de mediapunta e o seu equipo actual é o CF União.
Traxectoria O 23 de xullo de 2013 foi presentado como xogador do Deportivo da Coruña, cun contrato por 2 anos e unha cláusula de rescisión de 6 millóns de euros. O 31 de xaneiro de 2014 anunciouse a súa cesión ao Belenenses. Tralo regreso da cesión na escuadra lusa rescindeu contrato co Deportivo ao non contar coa confianza do adrestrador Víctor Fernández para xogar no equipo herculino, asinando polo cadro grego do Skoda Xanthi. A finais dese mesmo ano partiu cara a terra dos seus devanceiros para se unir ao Recreativo do Libolo, campión da liga angolana .
Selección nacional A nai de Rudy é angolana e o seu pai é santomense. Isto permitiu que Rudy puidese xogar coa selección angolana, sendo convocado o 23 de maio de 2014 para os encontros amigábeis contra Marrocos e Irán , aínda que o seu debut tivo lugar o 3 de agosto fronte a Etiopía .
Palmarés Recreativo do Libolo Supertaça de Angola: 2015FUTEBOL: LIBOLO VENCE A SUA 1ª SUPERTAÇA! (4-2 NOS PENALTIES) Primeira División de Angola: 2015GIRABOLA'15: LIBOLO CONQUISTA BI-CAMPEONATO !!!
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en ceroacero.es Datos do xogador en foradejogo.net
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados no distrito de Lisboa Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting Clube Linda-a-Velha Categoría:Xogadores do SC Praiense Categoría:Xogadores do Atlético Clube de Portugal Categoría:Xogadores do Cercle Brugge KSV Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CF Os Belenenses Categoría:Xogadores do Skoda Xanthi FC Categoría:Futbolistas de Angola