Manuel Martínez Blanco, nado no Barco de Valdeorras e finado en Poznań en 1945, foi un delineante, político e militar galego.
Traxectoria Do barrio de San Roque do Barco de Valdeorras. Delineante de profesión e militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte canda Manuel Blanco Pascual. Fuxiu cara Asturias, loitou na fronte asturiana e chegou a comandante e oficial do Estado Maior do V Corpo de Exército republicano mandado por Enrique Líster. Despois de rematar a guerra pasou por varios campos de concentración franceses e acabou exiliándose en Rusia. Alí traballou na fábrica de automóbiles de Nizhny Novgorod e participou na segunda guerra mundial integrado no corpo de Enxeñeiros do Exército Vermello. Morreu nunha acción de guerra durante a toma da cidade de Poznań na primavera de 1945. Foi declarado "Heroe da Unión Soviética" e condecorado coa "Orde da Bandeira Vermella".
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Finados en 1945 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes