"Came Back Haunted" é unha canción da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, publicada como primeiro sinxelo do seu álbum Hesitation Marks o día 6 de xuño do 2013. Trátase do primeiro sinxelo do grupo dende que está co selo Columbia Records.

Música e letra O tema contén partes formadas por capas de sintetizadores, patróns rítmicos industriais e unha liña de baixo electrónica, que son interrompidas por un ruptura instrumental conducida por guitarras. A canción remata cun outro vocal cun canto do título do tema.

Gary Graff de Billboard interpretou as letras da canción como un "recoñecemento da ausencia de Reznor" e unha presumible referencia ás súas expericncias realizando bandas sonoras de películas e no seu proxecto paralelo How to Destroy Angels.

Categoría:Sinxelos de 2013 Categoría:Cancións de Nine Inch Nails