WMAP (acrónimo de Wilkinson Microwave Anisotropy Probe, Sonda de Anisotropía de Microondas Wilkinson) foi un observatorio espacial estadounidense lanzado o 30 de xuño de 2001 mediante un foguete Delta 7425 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral cara a unha órbita de Lisajous arredor do punto de Lagrange L2 do sistema Terra-Sol.

Características WMAP pertence ó programa Explorer da NASA, e dentro deste programa pertence ás naves de clase MIDEX, no que se encadran as sondas de presuposto medio. A súa misión era observar e estudar o fondo cósmico de microondas para determinar algúns parámetros da teoría do big-bang, investigar como e cando se formaron as primeiras galaxias. Para iso o observatorio medía as diferenzas de temperatura entre diferentes partes do ceo no rango das microondas.

O observatorio foi lanzado cara ao punto de Lagrange L2 do sistema Terra-Sol, a 1,5 millóns de quilómetros de distancia da Terra na dirección contrario ao Sol, onde a gravidade dos dous corpos maiores se equilibran e o observatorio pode permanecer orbitando sen que nin a Terra nin o Sol lle pasen por diante.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Programa Explorer