George Charles Calnan, nado en Boston (Massachusetts) o 18 de xaneiro de 1900 e finado en Barnegat Light (Nova Jersey) o 4 de abril de 1933, foi un militar e tirador de esgrima norteamericano, gañador de tres medallas olímpicas.
Traxectoria Membro do equipo de esgrima da Mariña dos Estados Unidos de América, participou aos 20 anos nos Xogos Olímpicos de 1920 celebrados en Anveres (Bélxica), onde non logrou éxito na única proba que disputaba, a competición de florete individual. Nos Xogos Olímpicos de 1924 de París participou nas modalidades de espada e florete, novamente sen éxito.
Nos Xogos Olímpicos de 1928 de Ámsterdan (Países Baixos) conseguiu gañar a medalla de bronce na competición individual de espada e finalizou quinto en espada por equipos e de florete por equipos, quedando eliminado na proba individual de florete. Nos Xogos Olímpicos de 1932 realizados nos Ánxeles (Estados Unidos) foi o encargado de realizar o xuramento olímpico dos atletas na cerimonia inaugural dos Xogos e conseguiu gañar o bronce en florete e espada por equipos, a máis de rematar sétimo na proba individual de espada.
Morreu no accidente do dirixible USS Akron. Tiña o rango de tenente do exército.
Véxase tamén Ligazóns externas www.olympic.org - George Calnan www.sports-reference.com - George Calnan
Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Esgrimistas olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1932 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1932 Categoría:Finados en accidente aéreo