Cesáreo López Pinal, nado no Carballiño en maio de 1867 e finado no mesmo concello o 2 de decembro de 1936,El Pueblo Gallego, 3-12-1936, p. 7. foi un farmacéutico, poeta e político galego.
Traxectoria Fillo de Camilo López Valeiras e Peregrina Pinal Portabales. Estudou no Colexio dos Milagres (Baños de Molgas) e fixo o Bacharelato no Instituto de Segundo Ensino de Ourense en 1884. Colaborou en O Tio Marcos d'a Portela (onde sostivo unha polémica moi soada con Eladio Rodríguez en 1886), O Novo Galiciano e A Monteira. O seu poema "A fuliada" foi premiado nos Xogos Florais de Betanzos de 1901. Tivo unha farmacia na praza maior do Carballiño. Foi alcalde do Carballiño en 1906.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Cesáreo López Pinal; boticario poeta
Categoría:Farmacéuticos do Carballiño
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas do Carballiño Categoría:Alcaldes do Carballiño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos