A verba hacklab ven da fusión entre os termos hacker e laboratorio. O Hacklab é un espazo (físico e/ou virtual) onde se xunta un grupo de persoas para investigar, debater e difundir temas relacionados con Internet, as novas tecnoloxías e os dereitos civís relacionados con isto dende unha perspectiva social.

Orixe e organización Nun hacklab utilizase polo xeral un sistema de organización e aprendizaxe cooperativos, baseado na filosofía do software libre, que ao tempo é a ferramenta básica para traballar, debido ás vantaxes que ofrece.

Os primeiros hacklabs xurdiron en Italia a partir do primeiro hackit no 1998, pero foi en Barcelona, onde se creou o primeiro hacklab no Estado Español. Na actualidade hai un par de hackabs na Galiza, pero o número probablemente irá medrando en pouco tempo.

Música Music Hackspace (Londres), Music Hackspace Dublin, CPH Music Maker Space (Copenhagen), Ljudmila (Ljubljana), Radiona (Zagreb).

Véxase tamén Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20160305002634/http://hacklab.causaencantada.org/ https://web.archive.org/web/20060209104431/http://aderiva.atreu.homelinux.net:8080/ https://web.archive.org/web/20190504060838/http://trebelab.arkipelagos.net/

Categoría:Internet

it:Hackerspace#Hacklab