miniatura|Tumba no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito civil e canónico. Rematada a carreira eclesiástica, foi párroco de Oza, pasou logo a Biduído e despois a Laraño. Foi abade da Colexiata da Coruña e simpatizante do movemento rexionalista liberal. A comezos de 1893 participou, con representantes do rexionalismo e do republicanismo, na mobilización contra o traslado, finalmente truncado, da Capitanía Xeneral da Coruña até León. Formou parte da Xunta de Defensa e padeceu algúns días de cadea xunto con outros corenta membros. Este feito, xunto coa actitude reivindicativa pouco habitual nos homes da Igrexa, outorgoulle popularidade. En 1907 participou na constitución de Solidaridad Gallega, alentou a publicación de Galicia Solidaria e convocou e fallou o concurso que premiou o Catecismo Solidario de Uxío Carré Aldao. Foi membro da Real Academia Galega desde a súa fundación o 4 de setembro de 1905. Notas
Obras Responsabilidad moral, 1883. Liberalismo: ¿quid est?, 1890. Reseña histórica y descriptiva de Santa María del Campo de la ciudad de La Coruña, 1892. La Eucaristía, 1899. Historia primitiva, 1902.
Véxase tamén Bibliografía Gran Enciclopedia Galega Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1838 Categoría:Finados en 1911