Stereophonics é unha banda galesa de rock alternativo formada en 1992 na vila de Cwmaman en Cynon Valley. Na actualidade está composta polo vocalista e guitarrista Kelly Jones, o baixista e corista Richard Jones, o batería Jamie Morrison, o guitarrista e corista Adam Zindani e o membro de xira Tony Kirkham (teclados). Stereophonics leva publicados oito álbums de estudio, incluídos cinco números 1 británicos consecutivos. Un exitoso recompilatorio foi tamén lanzado en novembro do 2008, Decade in the Sun, acadando o núemro 2 no Reino Unido. En marzo do 2013, estrearon o seu oitavo álbum Graffiti on the Train, lanzado co seu propio selo Stylus Records, o cal debutou no número 3 nas listas de éxitos do Reino Unido.

A banda definiuse como posuidora dun son semellante ao dos xéneros do rock alternativo e o rock tradicional británico. O seu álbum de estrea, Word Gets Around, foi publicado en agosto de 1997 e entrou instantaneamente no número 6 no Reino Unido, axudado polos sinxelos "Local Boy in the Photograph", "More Life in a Tramps Vest" e "A Thousand Trees". O grupo acadou o éxito entre o gran público coa edición de Performance and Cocktails (cos seus sinxelos promocionais "The Bartender and the Thief", "Just Looking" e "Pick a Part That's New") en 1999.

Tendo vendidos uns 9 millóns de discos en todo o mundo, Stereophonicsé unha das bandas de rock máis exitosas de Gales. Tras o lanzamento de Pull the Pin, converteuse no oitavo grupo en acadar 5 números 1 cnsecutivos no Reino Unido (tras The Beatles, Led Zeppelin, ABBA, Genesis, Oasis, Blur e U2).

Discografía Word Gets Around - 1997 (V2 Records) Performance and Cocktails - 1999 (V2 Records) Just Enough Education to Perform - 2001 (V2 Records) You Gotta Go There to Come Back - 2003 (V2 Records) Language. Sex. Violence. Other? - 2005 (V2 Records) Pull the Pin - 2007 (V2 Records) Keep Calm and Carry On - 2009 (V2, Mercury) Graffiti on the Train - 2013 (Stylus Records) Oochya! - 2022 (Stylus, Ignition) Make 'em Laugh, Make 'em Cry, Make 'em Wait - 2025

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Gales Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de post-britpop Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais formados en 1992