O Gorilla gorilla gorilla é unha das dúas subespecies do Gorilla gorilla. Vive en áreas boscosas de Angola, o Camerún, República Centroafricana, República do Congo, República Democrática do Congo, Guinea Ecuatorial e Gabón. É a subespecie de gorila máis abondosa, con preto de 100.000 individuos en liberdade. Por este motivo, tamén é o tipo de gorila que normalmente se atopa nos parques zoolóxicos. Os machos adultos teñen tendencia a padecer miocardiopatía, unha enfermidade cardiovascular dexenerativa. O famoso gorila Folerpa de Neve pertencía a esta subespecie.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas TheBigZoo.com Gorilla gorilla gorilla

Categoría:Primates Categoría:Animais descritos en 1847 Categoría:Mamíferos de Angola Categoría:Mamíferos do Camerún Categoría:Mamíferos da República Centroafricana Categoría:Mamíferos da República do Congo Categoría:Mamíferos de Guinea Ecuatorial Categoría:Mamíferos de Gabón