As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1995 celebráronse o 28 de maio. A pesar de que Rodríguez Vigil tivo que dimitir en 1993 debido ao escándalo do petromocho, o PSOE rematou a lexislatura. Sergio Marqués, do Partido Popular, sucedeu a Antonio Trevín, que tomara o control do goberno do Principado tras a dimisión do seu compañeiro de partido. Por primeira vez en Asturias non resultou vencedor o PSOE. O CDS, ao igual que no resto de España, veu como perdía a súa representación política na Xunta.
O 30 de novembro de 1998, Sergio Marqués, xunto con outros 4 deputados populares, abandonaron o Grupo Popular e ingresaron no Grupo Mixto, fundando máis tarde Unión Renovadora Asturiana (URAS). Deste xeito, Sergio Marqués gobernou até o final da lexislatura en minoría, pese a unha moción de censura presentada polo PP para impedilo, que foi rexeitada pola cámara.
Resultados
← Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1995 → Presidente e goberno Partido Candidato Votos % Escanos +/- Presidente: Sergio Marqués Goberno: PP Censo: 945.105 Votantes: 652.640 (69,05%) Abstención: 292.465 (30,95%) Válidos: 648.820 A candidatura: 641.165 (98,8%)Partido Popular (PP) Sergio Marqués 272.495 42,00 21 +6Partido Socialista Obrero Español (PSOE) Antonio Trevín 219.527 33,83 17 -4Izquierda Unida (IU) Gaspar Llamazares 106.538 16,42 6 =Partíu Asturianista (PAS) Xuan Xosé Sánchez 20.669 3,19 1 =aCentristas Asturianos-Centro Democrático y Social (CA-CDS) 11.555 1,78 0 -2Los Verdes de Asturies (LV) 4.504 0,69 0Liga Asturiana (LA) 1.959 0,300Andecha Astur (AA) 1.948 0,300Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) 1.108 0,170Conceyu Astur (CONCEYU) 862 0,13 0En branco N/A 7.655 1,20 N/A N/ANulos N/A 3.820 0,40 N/A N/A
a Respecto aos resultados de Coalición Asturiana en 1991.
Por circunscricións
Circunscrición central Resultados Candidatura Votos % Escanos +/- Censo: 747.113 Votantes: 515.148 (68,95%) Abstención: 231.965 (31,25%) Brancos: 6.271 (0,84%) Nulos: 2.792 (0,37%)Partido Popular (PP) 215.265 42,54% 15 5Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 160.691 31,75% 11 2Izquierda Unida (IU) 95.383 18,85% 6 =Partíu Asturianista (PAS) 18.021 3,56% 1 =Centristas Asturianos-Centro Democrático y Social (CA-CDS) 7.860 1,55% 0 2
Circunscrición occidental Resultados Candidatura Votos % Escanos +/- Censo: 126.394 Votantes: 85.738 (67,83%) Abstención: 40.646 (32,17%) Brancos: 839 (0,66%) Nulos: 645 (0,51%)Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 37.066 43,56% 4 1Partido Popular (PP) 34.694 40,77% 3 =
Circunscrición oriental Resultados Candidatura Votos % Escanos +/- Censo: 71.598 Votantes: 51.465 (71,88%) Abstención: 20.133 (28,12%) Brancos: 545 (0,76%) Nulos: 383 (0,53%) Partido Popular (PP) 22.536 44,12% 3 1Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 21.770 42,62% 2 1
Véxase tamén
Resultados numéricos detallados e definitivos de todas as eleccións celebradas en Asturias desde 1982
Categoría:Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias Categoría:Eleccións celebradas en 1995