Evaristo Calvo Valcárcel, nado na Coruña en 1961, é un director e actor de teatro, televisión e cine galego. Forma parte xunto con Víctor Mosqueira do dúo cómico Mofa e Befa.
Traxectoria Foi Premio María Casares a Mellor Actor Secundario (Anxeliños) e Mellor Dirección (Qui pro Quo). Premio AGAPI ’96 ao mellor actor co tándem “Mofa e Befa” (con Víctor Mosqueira) por "A gran liquidación". Este premio foi concedido ex aequo con R. Sánchez “Luna”. Xograr de Outono do FIOT na 31 edición de 2022.
Guionista de varios espazos da TVG (Apaga a luz, Con Perdón, Mañá será outro día) e director de diversos espectáculos (Qui pro quo, Hotel Run).
Traballou como actor teatral nas compañías Dantehea, Escola Dramática Galega, Teatro do Atlántico, O Moucho Clerc, Ollomol-Teatro Submarino, Centro Dramático Galego, Ollomol Tranvía, Teatro do Aquí, Mofa e Befa. E nos espectáculos O proceso de Lucullus, Os perxuicios do tabaco, Adeua Madelónm Moleques, Historia de Neera, Fas e Nefas, O Rousiñol da Bretanha, O Incerto señor Don Hamlet, Soño dunha noite de Verán e Commedia, un xoguete para Goldoni, Raíñas de pedra, O rei nu, Anxeliños, Para ser exactos, Finis mundi circus. Participou na fundación de Ollomol-Teatro Submarino, Ollomol Tranvía, Mofa e Befa.
Traballos Pesquisas: O caso das galiñas aforcadas (actor, 1991) Cielito lindo (actor, 1992) Dame lume (actor, 1993) A metade da vida (1994) As xoias da Señora Bianconero (1994) Mofa e Befa en Gran liquidación (1995) O rei nu (1995) Pratos combinados (1995) O cambio (1997) Dame algo (1997) Mareas vivas (1998) Manos a la obra (1998-2000) ¿A ti como se che di adeus? (1999) Apaga a luz (tamén guionista, 1999) Bobo Furcia (2002) A Promesa (2003) Máxima audiencia (2004) A miña sogra e mais eu (2004) Hai que botalos (2005) O don da dúbida (2005) Bechos raros (2006) Efectos secundarios (2007) Van de Sobra. Toda unha personaxe, (2007), curtametraxe de José Ángel Regueiro Rojo. Air Galicia (2007) As dunas (2009; como Serapio) Libro de familia (2009-2011). Tv serie. Matalobos (2009-2010; como o fiscal Martín Bueno) Un cranio furado (2010). Premio María Casares ó mellor actor protagonista por este papel en 2011. Oeste solitario (2011) Piratas (2011). Tv serie. Casa Manola (2014) E agora que? (2015). Serie tv. Fariña (2018). Mini serie tv. Peter Brandon (2018). Tv serie. Vivir sin permiso (2018). Tv serie. La cámara'' (2020). Curta. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Evaristo Calvo en AVG
Categoría:Actores da Coruña Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Premios María Casares Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1961