thumb|Flor e follas. right|thumb|Elatérico inmaturo de Ecballium elaterium, o cogombro do demo.
O cogombro do demo, ou elatéricoE. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia (Ecballium elaterium) é unha planta herbácea perenne da familia das Cucurbitáceas, única especie coñecida do xénero Ecballium, xénero que se caracteriza - entre outras cosas - por ser o único da familia que non ten gabiáns.
Descrición De talos rastreiros, follas en forma de corazón, triangulares, grosas e irregularmente dentadas, cuxo envés é áspero polos seus duros pelos, desagradábeis ao tacto mais non espiñentos. Flores amareladas, lixeiramente acampanadas, duns 2,5 cm de diámetro e cinco pétalos. Froito ovoide pénsil, moi característico, de 4 a 5 cm de lonxitude, sostido por un longo pedúnculo que vai inchando aos poucos até que a presión interior o creba. Polo burato, sairán a presión as sementes, chegando a acadar unha distancia de até tres metros. Cando o froito está maduro, a máis mínimo rozada provoca o estralo pola presión hidroestática.
Distribución Circum-Mediterráneo, e até Armenia e Macaronesia; en barbeitos, beirís de camiños etc...; algo nitrófila.
Sinónimos Momordica elaterium L., Sp. Pl., 2, 1010, 1753 . Basiónimo Bryonia elaterium (L.) E.H.L.Krause Ecballium agreste Rchb. Ecballium officinaleT.Nees Ecballium officinarum Rich. ex M.Roem. Ecballium purgans Schrad. Elaterium cordifolium Moench Momordica aspera Lam. Sen arranxar Momordica ecirrhata Stokes Sen arranxar Momordica elastica Salisb. Sen arranxarSinónimos en The Plant List
Usos Toda a planta é tóxica xa que contén elaterina e cucurbitacina que son compostos moi tóxicos de acción purgante. Antigamente os seus froitos foron usados coma menciñas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ecballium elaterium en Flora Vascular Ibérica Ecballium elaterium en Flora Ibérica, RJB-CSIC, Madrid
Categoría:Ecballium Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Plantas medicinais