miniatura|dereita|Regulación do metabolismo do ferro polas IRE-BP.
O receptor da transferrina (TfR) é unha proteína transportadora da superficie celular, que transporta transferrina. É necesario para a importación de ferro ao interior da célula e está regulado en resposta á concentración intracelular de ferro. Cando a transferrina do plasma sanguíneo, que transporta ferro, se une a este receptor, o complexo transferrina-ferro é introducido na célula por medio de endocitose mediada por receptor, o que permite á célula obter ferro. (DOI inactivo) Figura 3: Captación do ferro polas células mediada polo ciclo da transferrina e do receptor da transferrina 1.
Tipos Hai dous tipos de receptores da transferrina, chamados TFR1 (ou TFRC ou CD71) e TFR2.
Regulación As concentracións baixas de ferro promoven un incremento dos niveis do receptor de transferrina, para que se incremente así a captación de ferro e se manteña a homeostase do ferro.
A produción de TfR na célula está regulada de acordo cos niveis de ferro por medio das proteínas de unión ao elemento de resposta ao ferro (IRE-BP), tamén chamadas Proteínas Reguladoras do Ferro (IRP). Estas proteínas únense á estrutura en forquita chamada IRE, que se encontra na rexión 3' UTR do ARNm do receptor da transferrina. Unha vez que estas proteínas se unen ao receptor, inhíbese a degradación do ARNm do receptor, polo que se produce máis receptor. Cando hai moito ferro, estas proteínas non están unidas ao ARNm, que se degrada e non se produce receptor.
Notas
Véxase tamén Outros artigos TFR2 TFRC
Bibliografía
; Figure 3: Cellular uptake of iron through the Tf system via receptor-mediated endocytosis.
Ligazóns externas MeshName Transferrin+receptor
Categoría:Antíxenos CD Categoría:Metabolismo do ferro