Buscalque é un lugar da parroquia da Illa no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Está asolagado polo encoro de Lindoso, do río Limia desde xaneiro de 1992. Xunto con Aceredo, O Vao e a Reloeira (Entrimo).

Buscalque é unha aldea asolagada de Lobios dentro do perímetro do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, desde a súa declaración o 21 de febreiro de 1993 (DOG nº 35 do 22-02-1993).

Desde 2009 forma parte da Reserva da biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.

Historia thumb|Placa en homenaxe a Luís Soto en Lobios Buscalque foi o primeiro destino de Luís Soto, que se fixo mestre ao seu regreso da emigración na Arxentina. Tamén deu clase en Penosiños e Mondariz (1934-1936).

Galería

Panorámicas

Libros ASULAGADAS. Á memoria do val do Limia: Aceredo, Buscalque, O Vao, Reloeira de Suso Díaz, (Positivas, 2021). ISBN 978-84-124754-7-0

Lugares e parroquias Lugares da Illa

Parroquias de Lobios

Notas

Outros artigos Lugares de Lobios

Categoría:Lugares de Lobios Categoría:Despoboados da provincia de Ourense