A carta roubada (do orixinal ) é un relato curto do escritor estadounidense Edgar Allan Poe publicado en 1844 no anuario literario The Gift for 1845 e posteriormente reeditado en numerosos xornais e revistas da época. É a terceira das súas historias de detectives nas que aparece o personaxe de C. Auguste Dupin, sendo as outras dúas "Os crimes da rúa Morgue" e "The Mystery of Marie Rogêt". Estas historias considéranse como importantes precursores das novelas de detectives modernas.
Trama esquerda|miniatura|Ilustración de Frédéric-Théodore Lix, 1864.
Neste relato, Dupin debe recuperar unha carta que foi roubada por unha personaxe para poder chantaxear outra.
Está ambientada en París a comezos do século XIX. A policía contacta co detective Dupin e co seu amigo, o narrador, para recuperar unha carta roubada nas cámaras reais, que o ladrón usa para obter poder con fins políticos.
Dupin négase a aceptar o caso, mais dálle consellos ao Prefecto da policía para revisar a propiedade do ladrón. O prefecto entra
a mansión do ministro Danton e inspecciona con microscopio cada recuncho, mais non encontra a carta. Pídelle de novo a Dupin que acepte o caso a cambio dunha recompensa, e este devólvelle a carta que recuperara polos seus propios medios.
Dupin deduciu que o ladrón deixaría a carta nun sitio simple e visible que a policía non revisaría. En efecto, estaba nun tarxeteiro, manchada, engurrada e rota. Dupin substituíu o orixinal por unha copia que preparara, imitando o monograma de Danton cun selo de miolo de pan.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Obras literarias de 1845 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego