225px|dereita|miniatura|A carqueixa (Genista tridentata) é unha planta con gran tradición medicinal en Galiza
Unha planta medicinal é un recurso, cuxa parte ou extractos se empregan como drogas no tratamento dalgunha doenza. A parte da planta empregada medicinalmente coñécese co nome de droga vexetal, e pode subministrarse baixo diferentes formas galénicas: cápsulas, comprimidos, crema, decocción, elixir, infusión, xarope, tintura, ungüento etc. En Galiza existe unha gran tradición de uso de herbas medicinais, que aínda que se está a perder, teñen recollidos moitos autores, entre os primeiros Martín SarmientoMartín Sarmiento entre 1746 e 1755 recolleu no seu Catálogo de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca en 1973) multitude de usos das plantas medicinais coas denominacións galegas ou Eladio RodríguezEladio Rodríguez González recolleu entre 1958-1961, multitude de plantas medicinais galegas na súa obra: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo. miniatura|225px|Manuscrito do De materia medica de Dioscórides, amosando as supostas propiedades medicinais da mandrágora. miniatura|Herbas medicinais nunha feira medieval, en Burgos (España).
O uso de menciñas de orixe vexetal remóntase á época prehistórica, e é un dos xeitos máis estendidos da medicina, presente en virtualmente todas as culturas coñecidas. A industria farmacéutica actual baseouse nos coñecementos tradicionais para síntese e elaboración de fármacos, e o proceso de verificación científica destas tradicións continúa hoxe en día, descubríndose constantemente novas aplicacións. Moitos dos fármacos empregados hoxe en día —coma o opio, a quinina, a aspirina ou o estract de dedaleira— replican sinteticamente ou illan os principios activos de remedios vexetais tradicionais coñecidos incluso desde épocas prehistóricas. A súa orixe persiste nas etimoloxías —como o ácido salicílico, así chamado por extraerse da casca do salgueiro (Salix spp.) ou os glicósidos cardíacos ou dixitálicos extraídos do estraloque.
Elementos medicinais No metabolismo normal de todos os seres vivos, o organismo produce algunhas substancias a partir dos nutrientes obtidos do medio; algúns destes compostos químicos forman parte do proceso en todas ou case todas as especies, mentres que outros reflicten as peculiaridades de cada unha delas. Entre os compostos da primeira clase —chamados metabolitos primarios— atópanse os glícidos e lípidos, aproveitados na alimentación; os compostos de uso terapéutico, pola contra, corresponden normalmente aos metabolitos secundarios, e se obteñen só de organismos específicos. Poucas veces a función que estes cumpren na medicina se corresponde coa que cumpre no ciclo vital da planta en cuestión; a digoxina, por exemplo, que se concentra nas follas e flores do estraloque (Digitalis purpurea) como tóxico para evitar o seu consumo por animais herbívoros, emprégase terapeuticamente coma inotrópico para os pacientes que padecen de arritmia cardíaca. Outros compostos usados en medicina son utilizados pola planta para atraer axentes polinizadores. No metabolismo normal de todos os seres vivos, o organismo produce algunhas substancias a partir dos nutrientes obtidos do medio; algúns destes compostos químicos forman parte do proceso en todas ou case todas as especies, mentres que outros reflicten as peculiaridades de cada unha delas. Entre os compostos da primeira clase —chamados metabolitos primarios— atópanse os glícidos e lípidos, aproveitados na alimentación.
Extracción e emprego Só raramente a planta enteira ten valor medicinal; normalmente os compostos útiles se concentran nalgunha das súas partes: follas, sementes, flores, cascas e raíz se utilizan con frecuencia. O xeito de aplicación varían do mesmo modo; un xeito frecuente de uso é a infusión, na que o principio activo se disolve na auga mediante unha cocedura máis ou menos longa. A tisana resultante bébese; plantas empregadas deste xeito inclúen o tileiro (Tilia platyphyllos), cuxo principio activo é o euxenol, o maracuxá (Passiflora edulis), cuxos principios activos inclúen o harmolA presenza do alcaloide chamado harmol, axuda a conciliar o sono e a súa condición de relaxante é moi apreciada e o harmano, ou o mesmo café (Coffea arabica), cuxa infusión contén cafeína.
Outras plantas prepáranse en tinturas, cómense, inhálase o seu fume ou aplícanse topicamenteTópico refírese ao xeito de aplicación dun medicamente de xeito externo – como emplastosUn emplasto é un medicamento de aplicación externa, que abranda coa calor e se adhire facilmente á pel – ou cataplasmas.
Preparación e administración das plantas medicinais A administración das plantas medicinais e dos produtos derivados destas debe estar acompañada dos máximos coidados, para garantir o bo suceso do tratamento. Contrariamente á crenza xeral, os mellores resultados non sempre se obteñen co uso das plantas frescas ou con preparacións caseiras. O facer extractos de plantas procesadas permite obter máis principios activos.(CÁCERES), 1996. Pág. 43 a 47.
Cataplasma e emplasto O emplasto é un medicamento de aplicación externa, que abranda coa calor e se adhire facilmente á pel; porén unha cataplasma é un preparado en forma de pasta que, colocado entre dúas teas, se aplica sobre algunha parte do corpo para aliviar a dor ou curar unha inflamación A cataplasma prepárase esmagando a parte da planta que contén a propiedade de sandar, pódese quecer e se aplica directamente sobre a área afectada que se quere tratar. Para preparar o emplasto pódese mesturar a parte da planta a utilizar con fariña, arxila ou semellante obtendo unha pasta que se aplica sobre a área afectada. Porén o emplasto tamén se pode aplicar só coa planta resultado da cocedura.* Herbodietética. Guia de suplementación. ISBN 13: 978-84-941386-0-7. Autor: José Antonio Sánchez. Ed. Ta-Book
Cocemento Prepárase fervendo uns minutos (arredor de 5 minutos) a planta e despois coándoa. Cómpre verificar que a calor non afecte ou destrúa os principios activos. A cocedura ou coza é axeitada polo xeral para as partes duras da planta, como son: toros, raíces, cascas e sementes. As sementes hai que deixalas na sombra uns tres días.
Compresa Unha compresa é unha tira de tecido branco e fino, de algodón ou gasa, dobrado varias veces ou comprimido, que se aplica cun medicamento sobre unha parte do corpo ou para hixienizar. É unha preparación semellante á cataplasma, mais neste caso no canto de aplicar a planta directamente, utilízase unha extracción acuosa, aplicada nun pano ou toalla. As compresas poden ser quentes, xeralmente aplicadas no caso de inflamacións e abscesosUn absceso ou apostema é unha acumulación de pus nunha cavidade do corpo, que se orixina debido á dexeneración dos tecidos infectados; ou ben frías, preferíbeis para tratar casos de cefalaxia ou conxuntivite.
Ensalada É un xeito de inxerir as herbas medicinais dunha forma directa, sen modificación algunha ou transformación consecuencia do procesamento. Lávanse, desinféctanse e enxúganse as partes da planta que se arela comer, e se prepara coma unha ensalada tradicional, eventualmente mesturándoa con outras verduras ou vexetais, adubándoa co sal, o aceite de oliva, o vinagre ou o limón.
Extracto Os principios activos das plantas medicinais obtéñense tamén por un tipo de extracción chamada “sólido-liquido”. Este proceso consta de tres etapas: Penetración do disolvente nos tecidos dos vexetais e inchume; Disolución das substancias extraíbeis; Difusión das substancias extraíbeis disolvidas fóra da célula vexetal.
A forma de extracción máis frecuente é por maceración, este proceso ten algunhas vantaxes sobre o coado e contracorrente. Tamén se pode procesar a extracción mediante métodos que involucran o ultrasón, o eléctrico, e o vórtice (turbo). A extracción dos extractos require dun certo equipamento e coñecemento de procesos químicos.
A súa presentación final poden ser: tinturas (1:10); extractos fluídos (1:2), brandos, cunha consistencia parecida ao mel, viscosos ou firmes (masas plásticas, que licúan as quecer), secos (cando desecou a mestura) e nebulizados (obtidos por atomización do disolvente.)
Gargarexo ou enxaugadura É a aplicación dun líquido á cavidade bucal. Úsase para lograr a acción local na boca e/ou gorxa e así limpar de secrecións bacterias e impurezas estas áreas. Pode usarse para previr infeccións bucais ou respiratorias. Para prepararse o líquido pode usarse unha infusión, un cocemento ou o zume da planta.
Infusión Unha infusión é acción de somerxer unha substancia vexetal nun líquido moi quente co fin de extraer algún dos seus compoñentes solúbeis. É o xeito de preparación máis frecuente e sinxelo, tamén se lle denomina té. Forma parte dunha cultura de consumo de herbas aromáticas que se usan non só para fins medicinais. Ao non usar calor directa, garántese que as súas partes non sofren deterioración. Máis frecuentemente se usa para as partes brandas das plantas como follas e flores.
Xarope Os xaropes prepáranse extraendo con auga os compoñentes activos ou medicinais da planta e disolvendo despois nesta unha gran cantidade de azucre ou mel coma conservante. Pode prepararse a partir de extractos hidroalcólicos, conservarse por períodos longos e acostúmaselle dar un sabor agradábel para facilitar a súa administración aos cativos. A preparación iníciase de xeito semellante á infusión, mais se deixa repousar algunhas horas e despois se filtra o líquido, engádese o azucre ou o mel, e se dilúe e se pon a ferver algúns minutos para callar as substancias albuminosas, despois se coa e se garda nunha garrafa ou nun frasco de cor ámbar, se etiqueta e se garda (até 30 días) nun local limpo e abeirado da calor e da luz.
Zume Os zumes obtéñense sempre ao espremer ou licuar as plantas frescas ou os seus froitos. Nalgúns casos, especialmente para tubérculos ou raíces se recomenda pólos en remollo durante un período de 8 a 12 horas antes de espremelos.
Lavaduras É a aplicación de infusións, cozas ou tinturas diluídas para tratar topicamente afeccións externas localizadas, como feridas, chagas, úlceras, hemorroides, vaxinite e outras afeccións da pel ou das mucosas.
Lavativa ou clister Unha lavativa ou clister é un líquido que se introduce polo ano para provocar a evacuación ou con outros fins terapéuticos, e a mesma operación de introducilo. Aplícase de preferencia en xaxún e o paciente debe permanecer deitado durante a aplicación e durante un tempo de polo menos unha hora despois da aplicación.
Po ou voaxa O po obtense esmagando a planta seca, o material pode ser esnaquizado e peneirado varias veces, até acadar o tamaño desexado das partículas. O po vexetal é doado de manexar, formular e arranxar en preparados fitofarmacéuticos, a través da mestura, encapsulado e da compresión. Existen dúbidas acerca da bio-dispoñibilidade dos principios activos medicinais extraíbeis naturalmente de po de plantas secas que toman en cápsulas ou comprimidos, xa que a absorción nesta forma é mínima. Pódese aumentar a absorción diluíndo o po en líquidos ou mesturándoos en alimentos sólidos.
Preparados fitofarmacéuticos Os extractos obtidos industrialmente deben reunir polo menos cinco aspectos: a materia médica, onde se encontran os principios activos debe ser axeitadamente moída, a extracción debe efectuarse co disolvente adecuado, pode extraerse por maceración ou coado, a concentración debe ser por un método que non afecte o principio activo e algunhas drogas requiren tratamentos preliminares antes de se usar. Con extractos procesados é posíbel facer preparados fitofarmacéuticos que son máis fáciles de dosificar, tales como formas sólidas (comprimidos, pílulas, comprimidos efervescentes, cápsulas de xelatina dura, gránulos), formas líquidas (xaropes, gotas, solucións, suspensións en cápsulas de xelatina suave) e formas para uso local (cremas ungüentos, pomadas, xeles, colirios e supositorios).
Tintura