miniatura|dereita|350px|Principais interaccións de proteínas estruturais en unións adherentes baseadas na cadherina. Os filamentos de actina están unidos á α-actinina e á membrana a través da vinculina. O dominio da cabeza da vinculina asóciase á E-cadherina por medio das α-, β-, e γ-cateninas. O dominio de cola da vinculina únese a lípidos da membrana e a filamentos de actina. As cadherinas (nome que deriva de "adhesión dependente do calcio") son unha clase de proteínas transmembrana de tipo-1. Xogan un importante papel na adhesión celular, formando unións adherentes que unen as células entre si nos tecidos. Para funcionar son dependentes do ión calcio (Ca2+).
A superfamilia das cadherinas inclúe as cadherinas, protocadherinas, desmogleínas, e desmocolinas, e algunhas máis. En canto á súa estrutura, todas comparten repeticións de cadherina, as cales son dominios de unión ao Ca2+ extracelular. Hai múltiples clases de moléculas de cadherina, cada unha designada cun prefixo (que, en xeral, designa un tipo de tecido ao cal están asociadas). Observouse que as células que conteñen un subtipo de cadherina específica tenden a agruparse xuntas excluíndo outros tipos, tanto en cultivos celulares coma durante o desenvolvemento embrionario.Bello S.M., Millo H., Rajebhosale M., Price S.R. (2012) Catenin-dependent cadherin function drives divisional segregation of spinal chord motor neurons. J. Neuroscience 32(2):490-505 Por exemplo, as células que conteñen N-cadherinas tenden a agruparse con outras células que tamén expresan N-cadherinas. Porén, detectouse que a velocidade de mestura nos experimentos en cultivos celulares pode ter un efecto na extensión da especificidade homotípica das cadherinas. Ademais, varios grupos de investigación observaron unha afinidade polas unións heterotrópicas (entre tipos distintos de cadherina). Un modelo actual propón que as células distinguen os subtipos de cadherina baseándose na súa especificidade cinética en vez de na súa especificidade termodinámica, xa que os diferentes tipos de enlaces homotípicos de cadherinas teñen diferentes duracións.
Estrutura e función miniatura|dereita|Modelo de fita que representa unha unidade de repetición do ectodominio da E-cadherina extracelular do rato (Mus musculus) PDB 3Q2V; ; reproducido con PyMOL As cadherinas sintetízanse como polipéptidos e sofren moitas modificacións postraducionais para converterse nas proteínas que median a adhesión e recoñecemento de célula a célula.Harris, Tony J.C., and Ulrich Tepass. "Adherins Junctions: From Molecules to Morphogenesis" Nature Reviews Molecular Cell Biology. 502-514. Xullo de 2010. doi:10.1038/nrm2927. Estes polipoéptidos teñen aproximadamente 720–750 aminoácidos. Cada cadherina ten un pequeno compoñente citoplasmático, un compoñente transmembrana, e a masa restante da proteína é extracelular. No ano 2000 xa se levaban identificado e secuenciado uns 80 tipos de cadherinas humanas.Tepass, Ulrich, et al. "Cadherins in Embryonic and Neural Morphogenisis" Nature Reviews Molecular Cell Biology. Novembro de 2000.
As cadherinas compórtanse como receptores e como ligandos. Durante o desenvolvemento embrionario, axudan a situar correctamente as células: son responsables da separación das diferentes capas de tecidos, e da migración celular.Gumbiner, Barry M. "Regulation of Cadherin-Mediated Adhesion in Morphogenesis" Nature Reviews Molecular Cell Biology. 622-634. August 2005. Nos estadios iniciais do desenvolvemento, a E-cadherina (cadherina epitelial) é a que máis se expresa. Durante a seguinte fase do desenvolvemento, na que se forma a placa neural, exprésase a N-cadherina (cadherina neural) e hai unha diminución da E-cadherina. Finalmente, durante o desenvolvemento da notocorda e a condensación das somitas, increméntase a expresión das E- P- e N-cadherinas. Despois do desenvolvemento, as cadherinas xogan un papel no mantemento da estrutura da célula e dos tecidos, e no movemento celular.
Tipos
As cadherinas poden clasificarse en catro grupos: clásicas, desmosómicas, protocadherinas, e non convencionais.
Clásicas Diferentes membros da familia das cadherinas encóntranse en distintas localizacións.
CDH1 - E-cadherina (epitelial): As E-cadherinas encóntranse no tecido epitelial. CDH2 - N-cadherina (neural): As N-cadherinas encóntranse nas neuronas. CDH12 - cadherina 12, tipo 2 (N-cadherina 2). CDH3 - P-cadherina (placentaria): As P-cadherinas encóntranse na placenta.
Desmosómicas Desmogleína (DSG1, DSG2, DSG3, DSG4) Desmocolina (DSC1, DSC2, DSC3)
Protocadherinas Protocadherinas PCDH1; PCDH10; PCDH11X; PCDH11Y; PCDH12; PCDH15; PCDH17; PCDH18; PCDH19; PCDH20; PCDH7; PCDH8; PCDH9; PCDHA1; PCDHA10; PCDHA11; PCDHA12; PCDHA13; PCDHA2; PCDHA3; PCDHA4; PCDHA5; PCDHA6; PCDHA7; PCDHA8; PCDHA9; PCDHAC1; PCDHAC2; PCDHB1; PCDHB10; PCDHB11; PCDHB12; PCDHB13; PCDHB14; PCDHB15; PCDHB16; PCDHB17; PCDHB18; PCDHB2; PCDHB3; PCDHB4; PCDHB5; PCDHB6; PCDHB7; PCDHB8; PCDHB9; PCDHGA1; PCDHGA10; PCDHGA11; PCDHGA12; PCDHGA2; PCDHGA3; PCDHGA4; PCDHGA5; PCDHGA6; PCDHGA7; PCDHGA8; PCDHGA9; PCDHGB1; PCDHGB2; PCDHGB3; PCDHGB4; PCDHGB5; PCDHGB6; PCDHGB7; PCDHGC3; PCDHGC4; PCDHGC5
FAT; FAT2; FAT4;
Non convencionais/non agrupadas CDH9 - cadherina 9, tipo 2 (T1-cadherina) CDH10 - cadherina 10, tipo 2 (T2-cadherina) CDH4 - R-cadherina (retinal) CDH5 - VE-cadherina (vascular endotelial) CDH6 - K-cadherina (riles) CDH7 - cadherina 7, tipo 2 CDH8 - cadherina 8, tipo 2 CDH11 - OB-cadherina (osteoblasto) CDH13 - T-cadherina - H-cadherina (corazón, heart) CDH15 - M-cadherina (miotúbulo) CDH16 - KSP-cadherina CDH17 - LI cadherina (fígado-intestino, liver-intestine) CDH18 - cadherina 18, tipo 2 CDH19 - cadherina 19, tipo 2 CDH20 - cadherina 20, tipo 2 CDH23 - cadherina 23, (epitelio neurosensorial) CDH10; CDH11; CDH13; CDH15; CDH16; CDH17; CDH18; CDH19; CDH20; CDH22; CDH23; CDH24; CDH26; CDH28; CDH4; CDH5; CDH6; CDH7; CDH8; CDH9;
CELSR1; CELSR2; CELSR3; CLSTN1; CLSTN2; CLSTN3; DCHS1; DCHS2; LOC389118;
PCLKC; RESDA1; RET;
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Proteopedia - Cadherin - vista da estrutura da cadherina en 3D interactiv9 Dominio de cadherina en PROSITE A familia da cadherina Alberts, Bruce. ''Molecular Biology of the Cell The Cadherin Resource InterPro - IPR002126 Cadherin “Cadherin adhesome at a glance”. J Cell Sci 126, 373-378
Categoría:Proteínas