Actualmente existen dúas entidades que disputan o goberno de Abkhazia, a parcialmente recoñecida República de Abkhazia e o Goberno da República Autónoma de Abkhazia.
República de Abkhazia O emblema da República de Abkhazia foi adoptado polo Soviet Supremo de Abkhazia o 23 de xullo de 1992, despois da declaración de secesión de Xeorxia.
O emblema está dividido verticalmente en verde e branco. Sobre este fondo hai figuras en dourado: Na base, unha estrela de oito raios. A mesma estrela, máis pequena, tamén aparece na parte superior do lado verde e do branco. No centro do brasón hai un xinete cabalgando no poldro chamado Arash, e disparando unha frecha cara ás estrelas. Esta é unha escena da epopea heroica Narts.
O verde simboliza a xuventude e a vida, mentres que o branco simboliza a espiritualidade. As estrelas representan o sol, así como a unión de Oriente e Occidente.
República Autónoma de Abkhazia A República Autónoma de Abkhazia usa o escudo de armas de Xeorxia e tamén adoptou un logotipo que se utiliza cos símbolos nacionais de Xeorxia. O logotipo leva o nome da república autónoma en xeorxiano e abkhazo e representa á Casa de Goberno en Sukhumi.
Escudos históricos
Categoría:Símbolos de Abkhazia Abkhazia