Mars M-69 ou Mars M69 foi o nome dun modelo de sondas espaciais soviéticas que se intentaron lanzar cara Marte no ano 1969 para obter datos e imaxes do planeta. Ámbalas dúas sondas non chegaron nin á órbita terrestre por fallo dos seus foguetes lanzadores, uns Proton.

As dúas sondas Mars M-69 que se intentaron lanzar eran idénticas e tiñan unha masa duns 4850 kg.

Historial de lanzamentos Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas 27 de marzo de 1969 Cosmódromo de Baikonur Mars M-69 Nº1 Fallo O foguete non chegou a órbita terrestre. 2 de abril de 1969 Cosmódromo de Baikonur Mars M-69 Nº1 Fallo Un fallo dun dos motores nada máis engalar fixo que o foguete voara 50 metros en horizontal e logo caera ao solo, explotando e esparexendo o propelente tóxico cerca da zona de lanzamento, poñendo en perigo a tódolos asistentes.

Notas

Categoría:Satélites artificiais